146 [= RM 97,34]
Por Deus, sennor, non me desamparedes

Por Deus, sennor, non me desamparedes
a voss’amor que m’assi quer matar,
e vall’a mí bon sén que vós avedes,
e Deus, por que vo-l’eu venno rogar,
e valla-me, fremosa mia sennor,
coita que levo por vós, e pavor,
e valla-me quan muito vós valedes.
E vall’a mí porque non saberedes
que vos eu nunca mereci pesar
de que me vos con dereito queixedes,
ergo se vos pesa de vos amar;
e non tenn’eu que é torto nen mal
d’amar ome sa sennor natural,
ant’é dereito, e vós vo-l’entendedes.
E, mia sennor, por Deus, non me leixedes,
se vos prouguer, a voss’amor forçar,
ca non poss’eu con el; mais poder-m’-edes
vós, se quiserdes, de força guardar
de tal guisa como vos eu disser:
sennor fremosa, se vos aprouguer,
pois m’el por vós força, que o forcedes.
E, pois nos ambos en poder tẽedes,
non me leixedes del forçad’andar,
ca somos ambos vossos e devedes
a creer quen vos mellor consellar;
e, mia sennor, cuido que eu serei,
ca sempre vos por consello darei
que o voss’ome de morte guardedes.
E fiqu’Amor como deve ficar,
quando vos non quiser avergonnar
de vos matar un ome que avedes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscripts


A 59, B 170

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 123-124); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 108-109 [= LPGP 655-656]); Littera (2016: II, 131-132).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 69-70); Carter (2007 [1941]: 37-38); Marques Braga (1945: 121-122); Machado & Machado (1949: I, 258-259); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 146).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 117); Diogo (1998: 54).

Manuscript variants


1 desamparedes] deseu paredes B   3 vós] uus A   4 que vo-l’eu venno rogar] quuoleu uenho roguar B   5 me] mj B   7 me] mj B   9 mereci] u’ia B   14 vo-l’] uolo B   19 guisa] guissa A   22 nos] uos B; tẽedes] teedes B   26 sennor] semhr B   28 o voss’ome] o u uossom̄   29 deve] deua B   31 vós] u AB   29 deve] deua B

Editorial variants


1 desamparedes] desenparades Bertolucci Pizzorusso   3 vall’a mí] valha-m’i Michaëlis : valha-mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   5 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   7 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   8 vall’a mí] valha-mi Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Littera   9 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   10 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   11 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   14 dereito] dereit’ Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   17 poss’eu] posso’eu Littera   19 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   20 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   22 nos ambos] vos anbus Bertolucci Pizzorusso : nós ambos Littera   24 somos ambos vossos] somus anbus vossus Bertolucci Pizzorusso   25 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   27 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   29 fiqu’Amor] fic’amor Michaëlis : fic’Amor Bertolucci Pizzorusso; deve] dev’a Bertolucci Pizzorusso, Littera   30 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   31 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso

Paraphrase


(I) Por Deus, señora, non me desamparedes ante o voso amor que me así quere matar, e vállame a min o bo siso que vós tendes, e Deus, por quen volo eu veño rogar, e vállame, fermosa señora miña, a coita que por vós levo, e o pavor, e vállame

(II) E vállame porque non saberedes que eu nunca vos merecín pesar do que con xustiza me vos queixedes, agás se vos pesa que vos ame; e eu non considero que é inxustiza nin mal que un home ame a súa señora por dereito de liñaxe, antes é conforme a dereito, e vós sabédelo.

(III) E, miña señora, por Deus, se vos prouguer, non deixedes que o voso amor me force, porque eu non podo con el; mais poderédesme vós, se quixerdes, amparar da forza (do amor) do modo en que vos eu dixer: señora fermosa, se vos prouguer, xa que el por vós me forza, que vós o forcedes a el.

(IV) E, xa que a ambos nos tendes so o voso poder, non me deixedes ser forzado por el, pois ambos somos vosos (vasalos) e debedes crer a quen vos mellor aconsellar; e, miña señora, coido que serei eu, porque sempre vos darei por consello que amparedes da morte o voso vasalo.

(1) E fique Amor como debe ficar, cando non vos quixer avergoñar por vos matar un home que tendes.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a + 10b 10b 10’a (= RM 100:24)

Encontros vocálicos: 14 dereito,e

Notes


Text
  • 3-8

    Perante as formas <my> (v. 3) e <mi> (v. 8) de A (<mj> en B), optamos por considerar tónicas estas formas pronominais e segmentar a preposición a, de acordo con outros contextos similares: nunca me vall’a min Nostro Sennor (370.4), mais valh’a mí contra vós (426.16) (cfr. nota a 81.16). Véxase Monteagudo 2019: 111-113.

  • 9

    B ofrece unha alternativa redaccional neste verso diverxente de A, coa mudanza mereci > veria, pouco adecuada ao contexto e explicábel paleograficamente como unha copia deficiente.

  • 13

    Téñase en conta que a preposición de introduce unha cláusula que funciona como suxeito, frecuente na construción seer + nome: ‘é torto e mal (de) ome amar sa sennor natural’  (véxase Glosario, s.v. de, uso 15).

    A alusión á sennor natural implica unha transposición da linguaxe e das relacións feudais (a vasalaxe como relación natural) á senhor das cantigas (véxase Martínez Martínez 2006: 195-197).

  • 19

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guissa> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 22

    Neste verso Bertolucci acolleu mecanicamente a lección vós de B (nótese o frecuente erro <uos>/<nos>), con pouco sentido no contexto, mentres que Littera converteu en tónico o pronome CD nos (ambos), referido ao trobador e ao amor, tal como se desprende tamén do v. 24.

  • 29

    O presente subxuntivo fique resulta a forma máis axeitada para o contexto, que en Michaëlis e Bertolucci parece indicativo (fic’ amor), a continuar mecanicamente a forma gráfica <ficamor> dos códices, que, en calquera caso, permite ambas as interpretacións.

    Nótese en B a presenza da partícula a de ligazón na perífrase de dever + infinitivo (dev’a ficar). Na lingua das cantigas profanas o verbo dever participa en perífrases obrigativas con infinitivo, tanto sen elemento nexual como coas preposicións de (minoritaria) e, sobre todo, a, que constitúe a fórmula maioritaria. Nesta pasaxe rexístrase unha diverxencia entre a lección de A e de BV, xa que os apógrafos italianos presentan a perífrase coa preposición a: devia / con dereit’a chamar. Cando existen diverxencias redaccionais, os manuscritos non mostran unha especial preferencia por unha ou outra formulación perifrástica: á presente diverxencia deve ficar A vs. dev’a ficar B, hai que acrecentar devede-l’a sofrer A vs. devede-lo sofrer B (80.6), dev’end’a filhar A vs. dev’ende filhar B (310.22). Non obstante, debe sinalarse que, en determinados casos, a presenza da preposición provoca hipermetría: devedes fazer A vs. devedes a fazer B (55.17), deviades vós gradecer B vs. deviades vós a gradecer A (117.23), devedes temer A vs. devedes a temer B (135.12).

  • 30-31

    O suxeito de quiser e matar é Amor, que quere avergoñar á sennor de lle matar un home dela (o trobador); isto é, ‘non deixedes que vos avergoñe matándovos un vasalo’.

Search
    No results