1269 [= RM 86,10]
Por Deus vos rogo, madre, que mi digades

Por Deus vos rogo, madre, que mi digades
que vos mereci, que mi tanto guardades
d’ir a San Leuter falar con meu amigo.
Fazede-mi ora [a]quanto mal poderdes,
ca non me guardaredes, pero quiserdes,
d’ir a San [Leuter falar con meu amigo].
Nunca vos fiz ren que non devess’a fazer,
e guardades-me tanto que non ei poder
d’ir a San Leu[ter falar con meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1253, V 858

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 420 [= LPGP 588]); Cohen (2003: 487); Littera (2016: II, 46-47).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 294); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 366-367).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 275).

Variantes manuscritas


1 vos] uus V   2 mi] uꝯ B   7 ren] tē V; devess’a]d**essa V   9 Leu[ter]] len V

Variantes editoriais


4 [a]quanto mal poderdes] quanto mal poderdes Nunes : quanto mal [vós] poderdes Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Por Deus vos rogo, madre, que me digades que vos fixen, que tanto evitades que vaia a San Leuter falar co meu amigo.

(II) Facédeme agora canto mal poidades, pois non evitaredes, aínda que quixerades, que vaia a San Leuter falar co meu amigo.

(III) Nunca vos fixen nada que non debese facer, e vixiádesme tanto que non teño poder de ir a San Leuter falar co meu amigo. 

Métrica


Esquema métrico: 11’a 11’a 11’B (I-II [= RM 26:55]) + 12a 12a 11’B (III [= RM 26:40])

Encontros vocálicos: 4 -mi‿ora

Notas


Texto
  • 1

    A relativa frecuencia da terminación gráfica -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os alcanza o pronome persoal vos, que por veces aparece como <uus> (cfr. un antecedente <uꝯ>), tal como acontece tamén no Cancioneiro da Ajuda.

  • 3

    San Leuter alude, con certeza, ao padroeiro dunha romaría dedicada a este santo. Non existe localización concreta para a romaría glosada por Lopo, mais, entre as diversas capelas e ermidas en Galiza con esta advocación, quizais se estea a referir ao santuario de Santo Eleuterio, en Tameiga (concello de Mos, Pontevedra) (Souto Cabo 2018: 94-95).

  • 4

    A integración de unha sílaba por necesidades métricas pode facerse mediante a forma aquanto, que facilmente puido perder o a- inicial no proceso de copia tras voz acabada en -a (ora). En calquera caso, a emenda é máis económica e incide menos no texto que a proposta por Cohen e Littera (vós).

Procurar
    Não foram encontrados resultados