242 [= RM 148,18]
Por mia sennor fremosa quer’eu ben

Por mia sennor fremosa quer’eu ben
a quantas donas vej’, e gran sabor
ei eu de as servir por mia sennor,
que amo muit’, e farei ũa ren:
porque son donas, querrei-lles fazer
serviço sempr’e querrei-as veer
sempr’u poder e dizer delas ben
por mia sennor, que quero mui gran ben,
que servirei ja mentr’eu vivo for;
mais, enquant’ora non vir mia sennor,
servirei as outras donas por én,
porque nunca vejo tan gran prazer
com’en vee-las, pois non ei poder
de veer mia sennor, que quero ben,
ca, de pran, est’é oje máis de ben
que ei, pero que sõo sabedor
que assi morrerei por mia sennor
veend’as outras, perdendo meu sén
por veer ela, que Deus quis fazer
sennor das outras en ben parecer
e en falar e en tod’outro ben.
E por aquesta coid’eu a morrer,
a que Deus fez, por meu mal, tanto ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscrits


A 136, B 257

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 276-277 [= LPGP 927-928]); Lopes (2002: 451); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 161); Littera (2016: II, 484-485).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 109); Carter (2007 [1941]: 82-83); Marques Braga (1945: 259-260); Machado & Machado (1950: II, 30-31); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 242).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 93-94); Alvar & Beltrán (1989: 246-247); Pena (1990: 46-47); Alvar & Talens (2009: 524).

Variants manuscrites


2 vej’] ueio B   3 servir] seuir B   5 querrei] queirei B   6 querrei] queirey B   7 sempr’u] senpr(e) u A   8 que quero mui] a q̄ q̄ro B   15 oje máis de] oro mays d’ B   16 sõo] soo B   17 morrerei] moirerey B   20 outras] outra\s/ A   22 coid’eu a morrer] cuydeu amoirer B

Variants editorials


7 poder] puder Lopes, Littera   8 que] a que Lopes, Littera; mui] om. Lopes, Littera   15 oje] hoj’o Lopes, Littera : oj’o Lorenzo Gradín & Marcenaro   22 coid’] cuid’ Littera

Paràfrasi


(I) Pola miña señora fermosa quero eu ben a cantas donas vexo, e sinto un gran desexo de as servir pola miña señora, que amo moito, e farei unha cousa: porque son donas, querereilles facer servizo sempre e querereinas ver sempre que puider e falar ben delas (II) pola miña señora, que amo moito, e que servirei xa mentres eu viva; mais agora, en canto non vir a miña señora, servirei as outras donas por iso, porque nunca vexo un pracer tan grande como o de velas, pois non podo ver a miña señora, que amo, (III) pois, sen dúbida, este é o maior ben que hoxe teño, aínda que sei que así morrerei pola miña señora vendo as outras, perdendo a razón por vela a ela, a quen Deus quixo facer señora das outras en beleza e en falar ben e en calquera outro ben.

(1) E por esta coido eu morrer, a quen Deus fixo, para o meu mal, tanto ben.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10a (= RM 161:97)

Notes


Text
  • *

    Por máis que nas edicións precedentes non exista ligazón sintáctica entre as estrofas, o texto de Roi Queimado é unha verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda. Véxase nota á cantiga 15.
    Do punto de vista métrico, débese facer constar como a palabra rimante dos versos inicial e final de cada cobra, ben, se repite nas tres estrofas e é retomada tamén no verso conclusivo da fiinda. Tamén o rimante do terceiro verso, mia sennor, é común ás tres cobras.

  • 15

    Na expresión partitiva máis de ben, que se pode achar noutros trobadores e noutras cantigas (30.17, 242.15), percíbese unha omisión do artigo (véxase nota a 11.23) ben similar á de 237.16, tamén de Roi Queimado ,polo que parecería un trazo de estilo consciente deste autor; o artigo está presente, non obstante, na lección de B («est’é or’o máis de ben...»), así como nun contexto moi similar noutra cantiga:

    E, se eu est’ouvess’, averia
    o máis de ben que eu querri’aver (236.8-9).

    Neste sentido, a lección dos editores precedentes, que se basean en B, é errada ao optaren por (h)oje en lugar do or(a) do Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

  • 19

    O pronome ela, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat