1201 [= RM 134,7]
Por mui fremosa, que sanhuda estou

Por mui fremosa, que sanhuda estou
a meu amigo, que me demandou
que o foss’eu veer
a la font’u os cervos van bever!
Non faç’eu torto de mi lh’assanhar
por s’atrever el de me demandar
que o foss’eu veer
[a la font’u os cervos van bever].
A feito me ten ja por sandia,
que el non ven, mas [mandad]’envia
que o foss’eu veer
[a la font’u os cervos van bever].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manoscritti


B 1185, V 790

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 373); Méndez Ferrín (1966: 140 [= LPGP 874]); Azevedo Filho (1995 [1974]: 45); Cohena (2003: 418); Cohenb (2014 [2013]: 22); Littera (2016: II, 411); Cohenc (2016b: 19).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 272); Braga (1878: 148-149); Bell (1922: 258-259); Machado & Machado (1956: V, 284-285); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 51-52); Álvarez Blázquez (1975: 209); Torres (1977: 356); Beltrán (1987: 74); Dobarro Paz et alii (1987: 96-97); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 213); Morán (1999: 62); [Morán] (2001: 72); Magalhães (2007: 106); Gutiérrez (2023: 167).

Varianti manoscritte


6 demandar] demander B   9 sandia] seu dia BV   11 o] 9 B

Varianti editoriali


1 que] om. Nunes   9 A feito] Affeito Cohena, Cohenb; sandia] sendia CohenaLittera   10 que el non ven, mas [mandad]’envia] que el [oje] non ven, ma[i]s envia Nunes : que el non ven, mas envia Méndez Ferrín, Azevedo Filho : que el<e> non ven, mas <ar> envia Cohena, Cohenb : que el nom vem, mas [ora] envia Littera

Parafrasi


(I) Por (ser) moi fermosa, que enfadada estou co meu amigo, que me pediu que o fose eu ver á fonte onde os cervos van beber!

(II) Non erro en me asañar con el por se atrever a pedirme que o fose eu ver á fonte onde os cervos van beber!

(III) Decote me ten por tola, pois el non vén, mais manda que me digan que o fose eu ver á fonte onde os cervos van beber!

Metrica


Esquema métrico: 10a 10a 6B 10B (I-II [= RM 37:43]) + 9’a 9’a B6 B10 (III [= RM 37:48])

Encontros vocálicos: 1 sanhuda‿estou

Note


Testo
  • *

    Nas cantigas de Pero Meogo rexístranse varios elementos da natureza que teñen un valor simbólico. O cervo, símbolo ancestral da sexualidade masculina, é un trasunto do amigo; os cervos machos e femias que se xuntan no prado son símbolos eróticos e sexuais neste autor; a auga/a fonte (manancial) é símbolo ancestral e universal de fertilidade e, polo tanto, lugar propicio para os ritos pagáns de fecundidade. Nas cantigas a fonte é, pois, o lugar propicio para o encontro amoroso dos namorados: na fonte lava os cabelos a moza (expón o seu erotismo) en presenza do amigo, e o cervo avolve a auga, o que simboliza un encontro sexual entre os namorados.

  • 4

    Neste verso do refrán evidénciase a conservación de /l/ na forma do artigo na procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), tal como acontece noutras cantigas (587, 609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 9039691130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

  • 9

    A locución adverbial modal a feito ('decote') conta con poucas documentacións no corpus trobadoresco: 6.15; 1334.16; 1405.3, 8 e 15.

    Canto a sandia, é interpretación da lección <seu dia>, unha refacción errada no proceso de copia, que Cohen estabelece como sendia en 2003 (de aí en Littera) e rectifica na edición de 2014. Sendia sería unha hipotética forma con asimilación na vogal pretónica (sandia > *sendia) que non se rexistra (o mesmo que un hipotético *sendeu) nas numerosas ocorrencias deste adxectivo na produción medieval (véxase CGPA, s.v.), non obstante a probábel orixe na expresión sĭne Deum.

  • 10

    A hipometría e o desaxuste semántico do verso indica a ausencia dun elemento: na maioría das ocorrencias de enviar rexístrase o sintagma enviar mandado, ás veces con posesivo (enviar seu mandado), por máis que enviar só xa significa ‘ordenar, enviar orde ou mensaxe para’ nunha cantiga de Pero de Berdia:

    Enviar quer’eu, velida,
    a meu amigo que seja
    en Santa Marta na ermida
    migo led’... (1123.9). 

    É por isto, pois, que acollemos a proposta de Montero Santalha (2014).

    Por outra banda, a aparición desta variante reducida mas da adversativa mais confirma que é unha forma realmente existente nos apógrafos italianos, aínda que, en xeral, é máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.41046.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).

Cerca
    Nessun risultato trovato