1073 [= RM 22,14]
Por quanta coita mi faz mia senhor

Por quanta coita mi faz mia senhor
aver, nunca m’eu dela queixarei,
nen é dereito, ca eu mi-o busquei;
mais dereit’ei en me queixar d’Amor
porque me fez gran ben querer
quen mi-o non á de gradecer.
E nunca m’eu a mia senhor irei
queixar de quanta coita padeci
por ela nen do dormir que perdi;
mais d’Amor sempre a queixar-m’averei
porque me fez gran ben [querer
quen mi-o non á de gradecer].
Por quanta coita por ela sofri,
non me lhi dev’a queixar con razon;
mais queixar-m’-ei no meu coraçon
d’Amor, a que nunca mal mereci,
porque mi fez gran ben que[rer
quen mi-o non á de gradecer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 1071, V 662

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 430-431); Indini (1978: 132-133 [= LPGP 169]); Littera (2016: I, 154).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 233-234); Braga (1878: 126); Machado & Machado (1956: V, 89); Camargo et alii (1992: 36).

Varianti manoscritte


6 quen mho nona de gradecer / (quen mho non a) V   10 m’averei] mauey V   15 coraçon] coracon B : corazō V

Varianti editoriali


1 mi] me Indini   10 sempre a] sempr’a Nunes, Indini, Littera   14 non me lhi] nunca me Indini   15 no] [e]no IndiniLittera   17 mi] me Nunes, Indini, Littera

Parafrasi


(I) Por canta coita a miña señora me fai sufrir, nunca eu me queixarei dela, nin é xusto (que o faga), pois fun eu quen o buscou; mais teño razón en me queixar de Amor porque me fixo amar a quen non mo ha de agradecer.
(II) E eu nunca me irei queixar á miña señora de canta coita padecín por ela nin do sono que perdín; mais sempre me hei de queixar de Amor porque me fixo amar a quen non mo ha de agradecer.
(III) Por canta coita por ela sufrín non teño razón para lle me queixar; mais no meu corazón heime queixar de Amor, a quen nunca lle merecín mal, porque me fixo amar a quen non mo ha de agradecer.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 8C 8C (= RM 160:274)

Encontros vocálicos: 3 mi͜-o; 6 mi͜-o; 10 sempre‿a; 12 mi͜-o; 18 mi͜-o

Note


Testo
  • 14

    Non é xustificábel a emenda que Indini practica no verso, coa introdución do adverbio nunca (por non) e a consecuente expunción de lhi.

  • 15

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), non é necesaria a restauración de [e]no realizada por Indini e Littera polo aparente problema de hipometría.

  • 17

    Nótese a leve variación formal no pronome me do primeiro verso do refrán, que na estrofa III presenta a forma mi. Cfr. nota a 27.4.

Cerca
    Nessun risultato trovato