Probabelmente a dupla numeración da cantiga fose provocada pola rúbrica <Fernã dolago> que foi copiada entre as estrofas II e III.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 316-317 [= LPGP 129]); Cohen (2003: 521); Littera (2016: I, 134).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 304); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 8-9); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 303); Álvarez Blázquez (1975: 204); Landeira Yrago (1975: 167).
1 ve[e]-lo] vello B : uello V 4 mui [cui]tado] muytado BV 8 ve[e]-lo] uolo BV; gran] grã B
Os vv. 1-2 de cada estrofa foron divididos en versos heptasilábicos, graves e agudos, na edición de Nunes.
2 irmana] irmãa Nunes; me] mi Cohen 4 mui [cui]tado] cuitado Nunes : mui [coi]tado Cohen, Littera 5 irmana] irmãa Nunes 8 con mig’, ai irmana] comig’, ai irmãa Nunes : comig’, ai irmana Cohen, Littera
(I) Para ver o namorado, que hai moito tempo que eu non vin, vinde comigo, irmá, porque me din que vén alí, a Santa María de Reza.
(II) Porque sei que el me ama e porque alí vén moi coitado, irmá, vinde comigo, pois sei que alí vén de grado, a Santa María de Reza.
(III) Para ver o namorado, que por min gran mal padeceu, vinde comigo, ai irmá, porque me din que chegou a Santa María de Reza.
Esquema métrico: 15a 15a 8’B (I, III [= RM 26:18]) + 15’a 15’a 8’B (II [= RM 230:4])
Nas cantigas trobadorescas aparece unha forma imperativa treide (< trahĭte) e o presente, con valor imperativo, treides (< trahĭtĭs) –tamén nos vv. 2, 5 e 8–, que son restos arcaicos da conxugación do verbo trahĕre, na súa forma clásica (despois substituído por *tragere > med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 679.3, 757.1, 1161.6, 1289.1 e 6, 1297.1 e 4, 1299.2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8. Alén da lírica profana, hai dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:
Ai, moller, treides oge mig’ a un logar (CSM 216.23).
E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
hũa sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
albergar mais adeante a hũas choças que son
preto de nosso camỹo, e y podemos jazer» (CSM 278.24).
Na prosa só localizamos un rexistro na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).
A forma irmana (tamén nos vv. 5 e 8), como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (avelana, Granada, louçana, venia etc.), sen dúbida como elemento retórico arcaizante propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b); con todo, e de modo esporádico, rexístrase tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).
Santa Maria de Reça é unha parroquia pertencente ao concello de Ourense.
A antecedencia de mui lévanos á forma [cui]tado antes do que a [coi]tado, que propoñen Cohen e Littera: a semellanza da secuencia con <ui> podería explicar o lapso de copia.
Neste verso detéctase outro erro de copia evidente en BV (<uolo>/<ueelo>), inducido pola frecuencia de uso da asimilación pronominal vo-lo (véxase tamén o erro <uello>/<ueelo> ou <uello> no v. 1).
Por outra banda, mantemos a forma con migo (en face Cohen e Littera), pois a forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura con comigo que tamén podía presentar a forma analítica con migo (584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).