I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 592 [= LPGP 973-974]); Littera (2016: II, 547).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 209); Braga (1878: 112); Carter (2007 [1941]: 173); Machado & Machado (1953: IV, 386); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 254-255).
1 Por vos] or uos A; veer] uee(*)\r/ V 2 e] et A; ollos] olhus V 2-3 meus, / e valla-me] meꝯ (eualhamj) / Eualhamj B 3 me] mj B : mi V 5 eu] en V 6 vos] uos A 8 vos] uos A; vos] uos A 9 e] et A; vos] uos A 10 quiserdes i] qi des (qc) hi V 13-18 om. V 13 sera] sem B 14 me fazerdes mal e ben] mj fazerdes nulle ben B 16 que] om. B
2 e] et Michaëlis 6 vos] vos Michaëlis 8 vos] vos Michaëlis 9 vos] vos Michaëlis 12 vos] vos Michaëlis 18 vos] vos Michaëlis
(I) Por vos ver vin eu, señora e luz destes ollos meus, e Deus me valla contra vós, porque o fixen por causa da coita de amor, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.
(II) Arrisqueime e vin aquí por vos ver e vos falar; e, miña señora, se vos causar pesar, facede o que quixerdes ao respecto, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.
(III) De me facerdes mal e ben, será como vós quixerdes; e, pois todo depende do voso siso, facede xa o que quixerdes, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:393)
A grafía <et> (tamén no v. 9), de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).
Por outra parte, repárese en <olhus> coa terminación gráfica -us que é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.