1267 [= RM 86,11]
Porque se foi meu amigo

Porque se foi meu amigo
sen o meu grad’alhur viver
e se foi sen o meu prazer,
ja non falará comigo
neũa ren que el veja
de quanto de mí deseja.
Porque se foi a meu pesar
e se foi sen o meu prazer,
esto lhi cuid’eu a fazer,
ca sei que non pod’acabar
nen ũa ren que el veja
[de quanto de mí deseja].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 1251, V 856

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 419 [= LPGP 588-589]); Cohen (2003: 485); Littera (2016: II, 46).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 294); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 365).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 122); Torres (1977: 330).

Variants manuscrites


1 meu] mou V   5 neũa] Ne hunha B : ne hunha V   9 lhi] li V   10 non pod’acabar] nō apodacabar B : nō a poda cabar V

Variants editorials


5 neũa] nen hũa Nunes : nen ũa Cohen : nẽũa Littera   11 nen ũa] nẽũa Littera

Paràfrasi


(I) Porque se foi o meu amigo contra a miña vontade vivir a outro lugar e se foi sen o meu pracer, xa non falará comigo de cousa ningunha que el considere de todo canto de min desexa. 

(II) Porque se foi ao meu pesar e se foi sen o meu pracer, pénsolle facer isto, que sei que non pode conseguir cousa ningunha que el considere de todo canto de min desexa.

Mètrica


Esquema métrico: 7’a 8b 8b 7’a 7’C 7’C (I [= RM 160:425]) + 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (II [= RM 160:401])

Notes


Text
  • 1

    A rareza da forma posesiva mou na produción medieval, xunto coa súa inexistencia na lingua trobadoresca, leva a considerar a lección de V como un simple erro <o>/<e>, máis do que unha improbábel lectio difficilior en face dunha hipotética trivialización de B.

  • 5

    Nesta ocorrencia do refrán, o indefinido feminino presenta a forma neũa, raramente documentada nos apógrafos italianos (tamén en 812.16 e 1319.11), que presentan decote a forma nen un / nen ũa, variante que se rexistra na segunda estrofa (cfr. nota a 68.28). Nas edicións precedentes procedeuse a unha nivelación sobre a segunda forma, agás en Littera, que edita nẽũa nas dúas ocorrencias do refrán.

  • 8

    Repárese en que este verso é repetición literal do terceiro verso da estrofa I (v. 3). Véxase unha situación similar en 1272.3 e 15.

  • 10

    Ao longo dos cancioneiros pódese detectar por veces a intromisión no verso de <o> e <a> (pronome, preposición, artigo), de modo que a súa presenza o converte en hipermétrico o verso. Canto ao pronome, véxanse, por exemplo, pasaxes en que o seu carácter espurio é evidente: 423.4 (V), 1029.7 e 13 (BV), 1374.4 (BV), 1477.27 (BV)...

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat