I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 13 [= LPGP 215-216]); Nunes (1972 [1932]: 60-61); Littera (2016: I, 165); Fassanelli (2021: 36).
II. Outras edicións: Moura (1847: 1-3); Monaci (1875: 38); Braga (1878: 17); Machado & Machado (1950: II, 385-386); Júdice (1997: 77); Montero Santalha (2004); Rios Milhám (2018b: III, 495).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 20-21); Tavares (1961: 15-16).
1 Praz] Praxz B; morrer] moirer BV 2 praz-m’ende] prax mande B 4 vos] (uos) uꝯ B 9 farei] fatei V 11 podia] podea B 12 morto] meto BV 18 dizer] diz V 28 prender] prander B
1 morrer] moirer Lang 12 a] o Lang 13 vós] vos Lang 14 atal] a tal Lang 17 non m’én chal] nom m’em cal Lang : non m' én cal Fassanelli
(I) Práceme, señora, morrer e práceme tal cousa polo voso mal, pois sei que sentiredes a falta que vos hei causar, xa que non perde pouco o señor que perde un servidor como o que vós perdedes ao me perder.
(II) E teño pracer coa miña morte, porque sei que vos causarei tal perda como a que lle causou o home leal –non o podía ser máis– a quen ama, despois de morrer; e vós soubestes moi ben como eu había morrer por vós.
(III) E aínda que hei de sufrir unha morte desmesurada, non me importa nada xa a miña morte, por canto vos quero dicir: porque vos será máis difícil de prescindir do meu servizo e do meu amor que a min deixar de vivir.
(IV) E podedes saber con certeza que, aínda que os meus días se acaban coa morte, sen dúbida, non quero eu laiarme por iso, porque vos hei causar a vós a maior perda que Noso Señor lle fixo recibir dun vasalo ao seu señor.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:238)
Encontros vocálicos: 1 -mi‿a
Só Lang segmenta erroneamente atal, como se a puidese ser artigo ou preposición, sen ter en conta que atal é variante frecuente de tal (cfr. tamén atan ~ tan, atanto ~ tanto, aquanto ~ quanto). Véxase nota a 138.17.
A frase non + pron. pers. CI + én chal ‘non me/lle importa’, que se corresponde á frase latina non mihi/illi inde calet, procede da Galo-Romania. No corpus trobadoresco profano, para alén de ne m’én chal (264.9) e nen mi cal (1337.176), con nen e co CI de P1, esta expresión aparece sempre co adverbio non e o CI de P1 (non m’én chal, nesta cantiga; non m’én cal, 1358.18) ou o CI de P3 (non lh’én cal, 480.19), que tamén pode presentar interpolación: lhi non én chal (1652.24).
Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
E certo podedes saber
que, pero s’o meu tempo sal
per morte, non á ja i al,
que me non quer’end’eu doer.
Enténdase: ‘fareivos mingua maior que a que Deus nunca lle causou (fez prender) a ningún señor feudal por perder un vasalo’. Isto é, Deus nunca lle fixo prender a ningún señor feudal unha mingua tan grande como a que el vai causar á súa señor ao morrer.
As cantigas de amor e o canto cortés, en xeral, representan a relación amorosa espellada na relación feudal recíproca entre un señor protector e o seu vasalo servidor. Termos como vassalo e o seu sinónimo máis usado ome, senhor, servir, ben, galardon, entre outros, vehiculan esta metáfora feudal do amor como servizo.