I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 605); Barbieri (1980: 74 [= LPGP 914-915]); Lopes (2002: 444); Littera (2016: II, 476).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 363); Braga (1878: 199); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 147); Machado & Machado (1958: VI, 135-136).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 396); Fonseca (1971: 117); Álvarez Blázquez (1975: 50-51); Tavares & Miranda (1987: 262-263); Alvar & Beltrán (1989: 236); Alvar & Talens (2009: 520).
5 ben] beno BV 6 por] Pre B
1 ricome] ric’home Lopes, Littera 5 om’, e ben sabede] ome, beno sabede Lapa : home, ben sabede Barbieri : home, ben’o sabede Lopes, Littera 8 que diga] que o diga Lapa
(I) Preguntade a un alto nobre moi rico, que come mal, por que o fai.
(II) El de fame e de sede mata a calquera, e tentade saber ben por que o fai.
(III) Mal come e obra con vileza; dicídelle que diga por que o fai.
Esquema métrico: 3 x 6’a 6’a 4B (= RM 26:130)
Encontros vocálicos: 5 mata‿om’
Xunto con UC 1437 e 1456, esta sátira social contra a mesquindade dos membros da alta nobreza, os ricos-homes, forma parte dun pequeno conxunto de tres breves cantigas en que Roi Paez de Ribela escarnece o comportamento avaro dos homes poderosos, e que Rey Somoza (2012: 206-207) considera que “posiblemente, o protagonista dos tres poemas sexa o mesmo personaxe”, sen ser posíbel ofrecer unha identificación.
A deglutinación da conxunción copulativa flexibiliza e expresión e liga sintacticamente as dúas partes do período.
A métrica indica que o pronome o é adventicio no verso (o CD é por que o faz, o refrán), e a súa presenza espuria por erros de transmisión pode verse noutros contextos ao longo do corpus das cantigas profanas: 423.4 (V), 776.15 (BV), 1029.7 e 13 (BV), 1374.4 (BV), 1477.27 (BV).
O substantivo nemiga (coa mesma orixe que inimigo, con aférese a partir da forma latina), co significado de ‘maldade, vileza, calumnia’, semella forma fundamentalmente literaria, pois, alén das cantigas profanas e marianas e mais da produción prosística (para)literaria, só a achamos na Primeira Partida afonsina (CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira):
Mays pola nemiga e o mal q(ue) fez en nõ temer De(us) [e] en seirlhy de mãdado, caeu por ende en pecado p(or) q(ue) mereçeu a p(er)der a m(er)çee de De(us) e seer strãhado del e deitado do parayso.