1206 [= RM 134,8]
Preguntar-vos quer’eu, madre

Preguntar-vos quer’eu, madre,
que mi digades verdade,
se ousará meu amigo
ante vós falar comigo.
Pois eu mig’ei seu mandado,
querria saber de grado
se ousará meu amigo
[ante vós falar comigo].
Irei, mia madre, a la fonte
u van os cervos do monte,
se ousará meu [amigo
ante vós falar comigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1190, V 795

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 378); Méndez Ferrín (1966: 177 [= LPGP 874-875]); Azevedo Filho (1995 [1974]: 76); Cohena (2003: 423); Cohenb (2014 [2013]: 55); Littera (2016: II, 414); Cohenc (2016b: 20).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 273); Braga (1878: 149); Bell (1922: 260); Machado & Machado (1956: V, 293-294); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 53-54); Bernárdez (1952: 116); Nunes (1959: 318); Álvarez Blázquez (1975: 210); Torres (1977: 362); Beltrán (1987: 80); Dobarro Paz et alii (1987: 98-99); Tavani (1989: 4); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 218); Diogo (1998: 240); Morán (1999: 65-66); [Morán] (2001: 79); Gutiérrez (2023: 195).

Variantes manuscritas


6 querria] Q̅iria B

Paráfrasis


(I) Quérovos preguntar, madre, e dicídeme a verdade, se ousará o meu amigo diante de vós falar comigo.

(II) Xa que del recibín o recado, de bo grado querería saber se ousará o meu amigo diante de vós falar comigo.

(III) Irei, miña nai, á fonte onde van os cervos do monte, se ousará o meu amigo diante de vós falar comigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 7’B 7’B (= RM 37:56)

Encontros vocálicos: 9 madre,‿a

Notas


Texto
  • *

    Nas cantigas de Pero Meogo rexístranse varios elementos da natureza que teñen un valor simbólico. O cervo, símbolo ancestral da sexualidade masculina, é un trasunto do amigo; os cervos machos e femias que se xuntan no prado son símbolos eróticos e sexuais neste autor; a auga/a fonte (manancial) é símbolo ancestral e universal de fertilidade e, polo tanto, lugar propicio para os ritos pagáns de fecundidade. Nas cantigas a fonte é, pois, o lugar propicio para o encontro amoroso dos namorados: na fonte lava os cabelos a moza (expón o seu erotismo) en presenza do amigo, e o cervo avolve a auga, o que  simboliza un encontro sexual entre os namorados.

    Por outra parte, varias das cantigas de Meogo (véxanse tamén UC 12041205, 1208), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583, 584, 585, 586, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813, 839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1299, 1300).

  • 9

    De novo en Meogo se manifesta a conservación de /l/ nunha forma do artigo en posición posvocálica na procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 9039691130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

  • 9-12

    Repárese como nesta estrofa non existe un verbo que introduza o refrán, tal como na estrofa I (digades, v. 2) e na estrofa II (queria saber, v. 6).

Buscar
    Sin resultados