I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 286 [= LPGP 928]); Lopes (2002: 452); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 198); Littera (2016: II, 488-489).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 111); Carter (2007 [1941]: 86); Marques Braga (1945: 270); Machado & Machado (1950: II, 40-41); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 248).
III. Antoloxías: Torres (1977: 404); Alvar & Beltrán (1989: 248-249); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 222); Diogo (1998: 115).
1 Preguntou] Pregoutou A 2 morria] morrea A : moiria B 3 dixe] dixi B 4 A] om. A; se] xe B 9 dixe] dixi B 13 E] {e} A; ja] bōo B; vos] uos A 16 se] xe B
3 dixe] dixi Lopes 4 se] xe Lopes, Littera; m’ata] mata Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 9 dixe] dixi Lopes 10 m’ata] mata Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 13 E dixe-ll’eu, ja vos digo] Dixe-lh’eu «ja vus digo Michaëlis : Dixe-lh’eu bem: –Já vos digo Lopes, Littera : E dixell’eu: «Ja vos digo Lorenzo Gradín & Marcenaro 15 boa] bõa Michaëlis, Littera 16 se] xe Lopes, Littera; m’ata] mata Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro
(I) Preguntou(me) Joan Garcia de que morte morría, e díxenlle eu de calquera modo: «A morte vénme disto: Guiomar Afonso Gata é a dona que me mata».
(II) Despois de me preguntar por que estaba tan coitado, deille eu esta información: «A morte vénme disto: Guiomar Afonso Gata é a dona que me mata».
(III) E díxenlle eu, xa vos digo, a coita que teño comigo, abofé, meu amigo: «A morte vénme disto: Guiomar Afonso Gata é a dona que me mata».
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 7’a 7’B 7’B 7’B (= RM 19:40)
Encontros vocálicos: 5 Gui·o·mar; 11 Gui·o·mar; 17 Gui·o·mar
Joan Garcia é, talvez, o trobador Joan Garcia de Guilhade.
A segmentación de <mata> de modo que transpareza o verbo atar (m’ata), en rima con mata no terceiro verso do refrán, parece indubitábel do punto de vista rimático e semántico (‘a morte provenme disto: ...’).
Guiomar Afonso Gata, irmá de Lopo Afonso Gato, personaxe que aparece na xesta de maldizer de Afonso Lopez de Baian (UC 1489), aparece referida nos Livros de Linhagens:
Este pero paaez curuo foy casado cõ dona guyomar afonso gata filha de dõ afonso perez gato (Brocardo 2005: 88).
Michaëlis e Lopes omitiron a copulativa inicial do verso, coa conseguinte hipometría que se deriva de tal supresión. Pola súa parte, en Littera omítese tamén a copulativa mais introdúcese o adverbio bem a partir do <bõo> de B (que omitía ja) para compensar metricamente o verso.
En todas as anteriores edicións se rompe a simetría compositiva da cantiga ao considerar que o parlamento directo é iniciado con ja vos digo, frase que interpretamos como unha expresión parentética similar a ben vos digo (véxase nota a 551.3) ou ben vo-lo digo (véxase nota a 595.3): para alén da lóxica discursiva, tal interpretación é apoiada tamén pola errada lección <bōo> de B, que semella un lapso por <ben> ou <bē> da frase formularia ben vos digo.
Porén, aínda habería unha outra posibilidade intermedia para articular a estrofa, de modo que meu amigo achase diferente acomodo sintáctico-semántico:
E dixe-ll’eu, ja vos digo,
a coita que ei comigo:
«Per boa fe, meu amigo,
a morte desto se m’ata: / ...