541 [= RM 25,86]
Proençaes soen mui ben trobar

Proençaes soen mui ben trobar
e dizen eles que é con amor;
mais os que troban no tempo da frol
e non en outro sei eu ben que non
an tan gran coita no seu coraçon
qual m’eu por mia senhor vejo levar.
Pero que troban e saben loar
sas senhores o máis e o melhor
que eles poden, sõo sabedor
que os que troban quand’a frol sazon
á, e non ante, se Deus mi perdon,
non an tal coita qual eu ei sen par,
ca os que troban e que s’alegrar
van eno tempo que ten a color
a frol consig’e, tanto que se for
aquel tempo, log’en trobar razon
non an non viven [en] qual perdiçon
oj’eu vivo, que pois m’á de matar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 524b, V 127

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 44 [= LPGP 217]); Nunes (1972 [1932]: 148-149); Littera (2016: I, 192); Fassanelli (2021: 48).
II. Outras edicións: Moura (1847: 70-71); Monaci (1875: 53-54); Braga (1878: 26); Machado & Machado (1952: III, 108-109); Júdice (1997: 159); Montero Santalha (2004); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 178).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 27-28); Pellegrini (1928: 2); Pimpão (1942: 44); Nemésio (1961 [1949]: 201-202); Piccolo (1951: 182-183); Oliveira & Machado (1959: 53); Vasconcellos (1959: 30); Tavares (1961: 24); Spina (1972: 333); Lapa (1976: 24-25); Torres (1977: 220); Correia (1978: 250); Fiúza (1981: 143-145); Gonçalves & Ramos (1983: 286); Dobarro Paz et alii (1987: 100-101); Ferreira (1988: 62); Alvar & Beltrán (1989: 373); Pena (1990: 327); Sansone (1990: 308); Ferreira (1991: 46-47); Jensen (1992: 66); Delgado León (1996: 137); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 47); Arias Freixedo (2003: 375-376); Alvar & Talens (2009: 590); Souto Cabo (2017: 72).

Variantes manuscrites


7 troban] trobē B   9 sõo] soo B   11 perdon] pardon B   17 non viven] nē uiuē BV; perdiçon] perdicō B

Variantes éditoriales


3 frol] flor Nunes, Littera   17 non] nem Lang, Littera

Paraphrase


(I) Os provenzais adoitan trobar moi ben e eles din que é con amor; mais sei eu ben que os que troban no tempo da flor, e non noutro, non teñen no seu corazón unha coita tan grande como a que eu levo pola miña señora.

(II) Aínda que troban e saben loar as súas señoras o máis e o mellor que poden, eu ben sei que os que troban cando a flor está en sazón, e non antes, así Deus me perdoe, non teñen unha coita como a que eu teño sen par, (III) pois os que se alegran no tempo en que a flor ten a súa cor e, así que se for aquel tempo, logo xa non teñen razón para trobar non viven no estado de perdición en que eu vivo hoxe, que acabará por me matar.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= RM 189:3)

Notes


Texte
  • *

    A referencia aos trobadores provenzais como «os que troban no tempo da frol» remite a un topos definitorio da cansó de amor occitana, que por norma se inicia cun exordio primaveral en que se describe como, coa chegada desta nova estación (temps novel) rexeneradora da vida, abrochan as primeiras flores e comezan a cantar os paxaros, e tamén comeza o tempo propicio para o amor.
    Don Denis, recoñece o dominio da arte de trobar aos provenzais, mais repróchalles ironicamente que se só troban na primavera é porque as súas coitas de amor non se poden comparar coa que el padece: o verdadeiro amor hai que o manter tamén nos momentos difíciles. Alén dun orixinal procedemento para hiperbolizar o amor, o texto pode entenderse, indirectamente, como unha reivindicación da personalidade da escola galego-portuguesa.

  • 1

    A voz proençal (tamén en 485.13 e 537.1) e Proença (1348.2) é evolución directa do lat. prouĭntialem e prouĭntiam, con caída de -u- intervocálico en contacto con vogal palatal (véxase Ferreiro 1999: §54c); deste xeito, Proença e proençal son as formas xerais na Idade Media para Provenza e o seu xentílico (véxase CGPA, s.v. Proença, proençal, proençaes).

  • 2-3

    Nestes dous versos aparece a nivelación /l/:/ɾ/ na rima frol : amor, en liña con moitas outras ocorrencias desta equivalencia. Véxase 104.34-35 (al : alongar), 144.1-6 (amar : al), 541.2-3 (amor : frol), 971.17-21 (souber : segrel), 975.12-21 (amar : dar : al : val), 1292.r1-r3 (Soveral : estar : Soveral), 1356.1-2 (Natal : dar), 1359.2-6 (cantar : mal : brial), 1369.2-8 (Soveral : atal : falar : Corral), 1379.8-10 (mal : Albar- : tal), 1430.12-13 (priol : melhor), 1495.5-6 (segrel : molher), 1507.13-17 (dar : ferrar : lamaçal : ar), 1515.1-7 (rascar : pesar : Juncal), 1519.8-14 (maenfestar : mal : maenfestar), 1519.15-24 (falar : cuidar : falar : val), 1533.15-18 (disser : segrel), 1534.7-12 (segrel : quiser), 1659.12-13 (taful : algur), 1616.2-4 (Elvas : ervas), 1617.8-12 (cervas : Elvas : relvas), 1617.32-36 (ervas : Elvas : relvas), 1664.9-11 (segrel : mester), 1659.12-13 (taful : algur). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  • 11

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 14

    No que respecta a color, igual que na restante produción medieval, esta forma erudita convive no corpus (489.12 e 24, 592.9, 628.10 e 1471.2, 5, 8, 11, 14, 17) coa forma xeral evoluída coor (474.22, 1391.11, 1633.15, 1639.20). A forma latinizante color (ou collor) aparece con profusión en todo o tipo de obras, desde as Cantigas de Santa Maria ás traducións da Crónica de Castilla e da Estoria de España e mais da General Estoria, así como na Historia Troiana e, sobre todo, na Crónica Troiana, o mesmo que en diversos documentos notariais. Na produción xerada en territorio portugués acontece igualmente: en textos sinodais (véxase García y García 1982: 78, 81...), nos primeiros libros impresos en Portugal (Machado 2015: s.v. color), así como na Confessio Amantis (Faccon 2012: 321, 357, 359, 361, 416, 161, 474 etc.), en documentos tabeliónicos (véxase, por exemplo, Gomes 2002: I, 73), ou en obras de diverso teor, cales Orto do Esposo, Castelo Perigoso, Leal Conselheiro, Livro da Montaria etc. Véxase CGPA, s.v. color, collor.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé