562 [= RM 25,87]
Punh’eu, senhor, quanto poss’en quitar

Punh’eu, senhor, quanto poss’en quitar
d’en vós cuidar este meu coraçon,
que cuida sempr’en qual vos vi; mais non
poss’eu per ren nen mí nen el forçar
que non cuide sempr’en qual vos eu vi;
e por esto non sei oj’eu de mí
que faça nen me sei conselh’i dar.
Non pudi nunca partir de chorar
estes meus olhos ben de-la sazon
que vos viron, senhor, ca des enton
quis Deus assi, que vo-lhi foi mostrar,
que non podess’o coraçon des i
partir d’en vós cuidar, e viv’assi
sofrendo coita tal que non á par.
E, mia senhor, u sempr’ei de cuidar
no maior ben dos que no mundo son
qual ést’o vosso, ei mui gran razon,
pois non poss’end’o coraçon tirar,
de viver en camanho mal vivi
des que vos eu por meu mal conhoci,
e d’aver sempr’a mort’a desejar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 545, V 148

Ediciones


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 59 [= LPGP 217]); Nunes (1972 [1932]: 189-190); Eirín García (2015: 238); Littera (2016: I, 206).
II. Outras edicións: Moura (1847: 104-105); Monaci (1875: 61-62); Braga (1878: 30); Machado & Machado (1952: III, 149-150); Júdice (1997: 142); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 poss'en quitar] possen quytar / (posseu quitar) V   7 faça] faca B   11 quis] Qs̄ B   12 coraçon] coracō B   13 cuidar, e viv'assi] cuydar ... y / Euyuassy B   17 gran] g̃ra B   19 vivi] mui B

Variantes editoriales


17 mui] om. Lang

Paráfrasis


(I) Eu fago todo o posíbel, señora, para afastar de pensar en vós a este meu corazón, que pensa sempre en como vos vin; mais non podo por nada nin a min nin a el forzar para que non pense sempre en cal vos vin; e por iso non sei hoxe o que faga de min nin sei que decisión tomar.

(II) Non puiden nunca librar de chorar estes meus ollos desde o momento en que vos viron, señora, pois desde aquela así o quixo Deus –que vos foi mostrar–, que desde ese intre non puidese afastar o corazón de pensar en vós, e vivo así sufrindo tal coita que non ten par.

(III) E, miña señora, pois sempre hei de pensar no maior ben dos que existen no mundo cal é o voso, teño moita razón pois non podo afastar o corazón diso, de vivir en tamaño mal como vivín desde que para meu mal vos coñecín, e de sempre desexar a morte.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:16)

Notas


Texto
  • 4

    O pronome el, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 5

    O suxeito de cuide é tanto unha primeira persoa (eu) como unha terceira persoa (el, o corazón).

  • 11

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:

    e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
    moveron do porto Dovra (CSM 35.115);

    e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
    logar en que o fezesse (CSM 45.37);

    foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde ve͂era (CSM 55.72).

  • 15

    Repárese no valor causal de u (‘porque, pois’), que é certamente infrecuente no corpus profano das cantigas (véxase Glosario, s.v. u).

  • 19

    A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa  con tamanho (< tam magnum):

    Non creo que tamanho ben
    mi vós podessedes querer
    camanh’a mí ides dizer (594.7-9).

Buscar
    Sin resultados