87 [= RM 78,18]
Punnei eu muit’en me guardar

Punnei eu muit’en me guardar
quant’eu pude de mia sennor
de nunca’n seu poder entrar;
pero forçou-mi o seu amor
e seu fremoso parecer,
e meteron-m’en seu poder
en que estou a gran pavor
de morte, com’en desejar,
ben o sabe Deu-, la mellor
dona do mund’e non ousar
falar con ela; e maior
coita nunca vi de sofrer,
ca esta nunca dá lezer,
mais faz cada dia peor,
ca toda via crec’o mal
a quen amor en poder ten
se non é sa sennor atal
que lle queira valer por én;
mais atal sennor eu non ei,
nen atal dona nunc’amei
onde gãar podesse ren
senon gran coita e non al;
e por esto perdi o sén,
por tal dona que me non val,
e pero non direi por quen;
mais per muitas terras irei
servir outra: se poder, ei
negar esta que quero ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 21, B 114

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 47-48 [= LPGP 519-520]); Littera (2016: I, 634-635).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 41-42); Carter (2007 [1941]: 14-15); Marques Braga (1945: 47-48); Machado & Machado (1949: I, 161-162); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 74-75); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 87).

Variantes manuscritas


2 pude] pudi B   3 ’n] en B   4 seu] sen B   6 meteron-m’en] metero{n}men A : meteronm en B   8 com’en] B   9 ben o sabe Deu-, la mellor] beno sabe deulla mellor A : deulo sabe dela melhʳ B   10 mund’e] mūdo B   15 Ca toda via crec’o mal] Todauya q̄ressomal B   18 lle queira] lhi q̄ra B   20 dona nunc’] dona (senhʳ) nūca B   21 onde gãar] ōn gaar B   26 terras] tras A : trr̄as B

Variantes editoriales


9 ben o] ben-no Michaëlis; Deu-] Deus Michaëlis   27 poder ei] poderei Michaëlis, Littera

Paráfrasis


(I) Loitei moito por me protexer canto puiden da miña señora, para evitar caer no seu poder; mais forzoume o seu amor e a súa fermosura, e metéronme so o seu poder, onde estou con gran pavor (II) de morte, isto é, desexar, ben o sabe Deus, a mellor dona do mundo e non me atrever a falar con ela; e nunca vin unha coita máis difícil de sufrir, porque esta nunca dá descanso, antes fai cada día máis mal, (III) pois de todas as maneiras crece o mal a quen Amor ten no seu poder se a súa señora non é tal que o queira amparar por iso; mais tal señora eu non teño, nin tal dona amei nunca de quen puidese recibir nada (IV) agás unha gran coita e nada máis; e por isto perdín a cordura, por unha dona tal que non me socorre, aínda que non direi por quen; mais irei por moitas terras servir outra: se puider, hei negar esta que amo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= RM 101:50)

Encontros vocálicos: 4 -mio

Notas


Texto
  • *

    Na edición michaëliana desta composición (seguida neste aspecto por Littera), prodúcese un corte sintáctico entre as estrofas II e III pola tendencia a non considerar a ligazón causal cando inicia estrofa. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    Este verso mostra a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 8

    A conxunción como cumpre neste verso a función de introducir un infinivo explicativo, facéndoo equivaler a ‘isto é’ (só se rexistra en 42.4, 119.17, 167.11, 196.13, 220.11, 547.13, 638.3 e 861.13).

  • 9

    Obsérvese a grafía <deulla> de A, cunha representación <ll> que mostra graficamente a asimilación fonética [s-l] que se produciu na lingua e é que moi habitual nos textos prosísticos. Véxase notas a 6.32 e 29.22.
    A «estrañeza» visual, pola presenza da vírgula entre os dous elementos asimilados de Deu-la debeu levar a Michaëlis a fixar a forma non asimilada en Deus. Véxase un caso similar en 721.5.

  • 18

    Esporadicamente existe variación entre A e B no relativo ás formas do presente subxuntivo de querer, con certa preferencia de B pola manutención das formas etimolóxicas (< quaeram, quaeras etc.) face á presenza das formas analóxicas xerais (queira, queiras etc.) en A (véxase tamén 73.16, 200.21, 215.22).

  • 21

    A forma nasalizada gãar (tamén en 83.11, do mesmo trobador), variante directa de gaar (máis frecuente), xunto con gaanar (só en 414.20), fai parte do grupo de variantes da forma maioritaria guaanhar ~ gaanhar.

    A interpretación da abreviatura <ōn> é onde (tamén en 32.10-11 e 80.18, do mesmo copista), o mesmo que <ēn> é ende (59.16 e 71.23 do mesmo copista c do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, e 482.29 e mais 483.16, do copista b). Ambas as formas abreviadas son case exclusivas de B.

  • 25

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

  • 27

    Perante a imposibilidade do uso de futuro (poderei) na prótase condicional (véxase nota a 43.16), é preciso deglutinar <poderei> para, a través da puntuación, interpretar poder como forma de futuro de subxuntivo e estabelecer a perífrase ei negar.

    Para alén disto, sería verdadeiramente suxestiva a posibilidade de considerar un erro de copia e modificar a segmentación do verso na seguinte dirección:

    mais per muitas terras irei
    servir outras e poderei
    negar esta que quero ben.

Buscar
    Sin resultados