1145 [= RM 77,20]
Quand’eu a San Servando fui un dia d’aqui

Quand’eu a San Servando fui un dia d’aqui
faze-la romaria e meu amig’i vi,
direi-vos con verdade quant’eu del entendi:
muito venho pagada
de quanto lhi falei;
mais á-m’el namorada,
que nunca lhi guarrei.
Que bõa romaria con meu amigo fiz,
ca lhi dix’, a Deus grado, quanto lh’eu dizer quix,
e dixi-lh’o gran torto que sempre dele prix:
muito venho pagada,
por quanto lhi fa[lei;
mais á-m’el namorada,
que nunca lhi guarrei].
U el falou comigo, disse-m’esta razon:
por Deus, que lhi faria? E dixi-lh’eu enton:
«Averei de vós doo [e]no meu coraçon»:
mui[to venho pagada,
por quanto lhi falei;
mais á-m’el namorada,
que nunca lhi guarrei].
Nunca m’eu desta ida acharei senon ben,
ca dix’a meu amigo a coita’n que me ten
o seu amor, e cuido que vai ledo por én:
muito venho pagada,
[por quanto lhi falei,
mais á-m’el namorada,
que nunca lhi guarrei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 1142, V 734

En B a cantiga aparece coa numeración repetida: 1142 para as estrofas I-II, e 1142 para as estrofas III-IV. 

Só os vv. 8-10 aparecen dispostos en versos tridecasilábicos.

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 332-334); Cohen (2003: 369); Littera (2016: I, 582-583).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 257); Braga (1878: 139-140); Machado & Machado (1956: V, 211-212); Camargo et alii (1990: 26-27); Burgazzi (2015: 31-32).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 15-16); Álvarez Blázquez (1975: 98).

Variantes manuscrites


8 bõa] bona V   9 quanto] q̄n to V   12 quanto] ꝙ̄to V   16 enton] entou V   17 coraçon] corazon V   25 venho] venha B

Variantes éditoriales


En Nunes todos os versos da cantiga son editados como hexasílabos graves e agudos.

5 de] por Nunes   8 fiz] fix Cohen   9 quix] quis Littera   12 por] de Cohen, Littera   19 por] de Cohen, Littera   26 por] de Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Cando un día fun desde aquí a San Servando, de romaría, e vin alí o meu amigo, direivos con toda a sinceridade o que eu souben del: veño moi satisfeita de canto con el falei, mais tenme tan namorada que nunca lle me salvarei.

(II) Que boa romaría fixen co meu amigo, que lle dixen, a Deus grazas, canto lle quixen dicir, e díxenlle o gran dano que eu sempre del recibín: veño moi satisfeita de canto con el falei, mais tenme tan namorada que nunca lle me salvarei.

(III) Cando el falou comigo, díxome así: por Deus, que lle faría? E díxenlle eu entón: «Terei dó de vós no meu corazón»: veño moi satisfeita de canto con el falei, mais tenme tan namorada que nunca lle me salvarei.

(IV) Por ter feito esta ida sempre me sentirei ben, pois díxenlle ao meu amigo a coita en que me ten o seu amor, e creo que vai ledo por iso: veño moi satisfeita de canto con el falei, mais tenme tan namorada que nunca lle me salvarei.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 13a 13a 13a 6’B 6C 6’B 6’C (= RM 23:1)

Notes


Texte
  • 1

    Sen datos de confirmación, o santuario de San Servando podería identificarse coa capela dese padroeiro no lugar de Pazos (parroquia de Barxés, no concello de Muíño, en Ourense).

  • 4-5

    Repárese en que nesta ocorrencia do refrán (muito venho pagada / de quanto lhi falei) aparece preposición de como rexencia de viir pagada, mentres que nas seguintes estrofas transparece unha leve variación, ao introducir o enlace por para esa función: muito venho pagada / por quanto lhi falei. Véxase nota a 27.4.

    A variación que se percibe no refrán desta cantiga foi apagada en Nunes, que xeneralizou por, en face de Cohen e Littera, que nivelaron coa preposición de.

  • 8

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V). Idéntica circunstancia se verifica noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 8-10

    No pretérito do verbo prender aparece, en convivencia coa forma etimolóxica prix, a forma analóxica prendi, que nivela a conxugación. Esta forma prix de P1 do pretérito de indicativo aparece sempre1 con palatalización final (véxase tamén 74.13, 1145.10, 1542.8), similar á das formas quix (véxase nota a 429.24) e pux (véxase nota a 988.21), palatalización que tamén existe na forma de presente trax (véxase nota a 429.24), no provenzalismo fix (véxase nota a 20.9) e mais no nome Beatrix (véxase 988.21). No relativo a estas formas de pretérito, tal fenómeno debe ser posto en relación coa existencia de formas alternativas palatalizadas do tipo *prige (non rexistrada no corpus), quige e puge, produto da acción do latino final (Ferreiro 1999: §20a), de modo que as formas prix (de *prehensī ou *prensī, polo clásico prehendī), quix (de *quesī, por quaesiuī) e pux (< posuī) serían produto do cruzamento de -s final (xordo) coas variantes palatalizadas, dando como resultado unha fricativa palatal xorda en posición final.
    Deste modo, o refrán da cantiga presenta, en principio (como nas cantigas 698 e 738), unha rima defectuosa (fiz - quix - prix), que diz respecto a unha nivelación fonolóxica de sibilantes que non é canónica nas rimas trobadorescas, aínda que é posíbel que na altura cronolóxica das cantigas xa existise neutralización na sibilante implosiva. Cfr., tamén, a rima vezes : meses en 1467.8-11, rafez : Ocres en 1610.16-18 e Galiza : Fariza : peliça : liça en 1635.18-24). Véxanse notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 1118.10-12.

    Cohen nivela graficamente a forma fiz transformándo un fix inexistente nas cantigas; por súa parte, en Littera quix e transfomado en quis, ficando igualmente unha rima irregular fiz : quis : prix.

  • 17

    A minoritaria forma eno aparece con certa frecuencia no sintagma eno meu coraçon (20.20, 64.7, 65.5, 103.6, 175.10, 299, 3, 311.3 etc.), circunstancia que favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 23

    A preposición en por veces estabelece crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a BV, que manteñen a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omiten a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 18.16, 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  1. ^

    Non se rexistra pris nas cantigas profanas; esta forma sería o resultado normal de *prehensī ou *prensī« (LC prehendī). Si aparece, en troca, nas cantigas marianas: Virgen Santa, Reynna, / dá -me vingança, / ca pris viltança / en ta romaria (CSM 57.56).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé