565 [= RM 25,88]
Quand’eu ben meto femença

Quand’eu ben meto femença
en qual vos vej’e vos vi
des que vos eu conhoci,
Deus, que non mente, mi mença,
senhor, se oj’eu sei ben
que semelh’o voss’en ren.
Quand’eu a beldade vossa
vejo, que vi por meu mal,
Deus, que a coitados val,
a min nunca valer possa,
senhor, se oj’eu sei ben
[que semelh’o voss’en ren].
E quen o assi non ten
non vos vio ou non á sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 548, V 151

Ediciones


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 61-62 [= LPGP 218]); Nunes (1972 [1932]: 194-195); Eirín García (2015: 243); Littera (2016: I, 208).
II. Outras edicións: Moura (1847: 110-111); Monaci (1875: 63); Braga (1878: 31); Machado & Machado (1952: III, 156); Júdice (1997: 144); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 205-206); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 52).

Variantes manuscritas


1 meto] meco V   4 mença] mençā V   8 vi] mi B

Variantes editoriales


14 vio] viu Littera

Paráfrasis


(I) Cando eu considero ben en cal vos vexo e vos vin desde que vos coñecín, Deus, que non mente, me minta, señora, se hoxe eu coñezo algún ben que semelle en algo o voso.

(II) Cando eu a vosa beldade vexo, que vin polo meu mal, Deus, que axuda aos coitados, a min nunca poida valerme, señora, se hoxe eu coñezo algún ben que semelle en algo o voso.

(1) E quen non o pensa así, non vos viu ou non ten xuízo.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 7’a 7b 7b 7’a 7C 7C + 7c 7c (= RM 160:438)

Encontros vocálicos: 14 vi͜o

Notas


Texto
  • 1

    Nas cantigas profanas, a voz femença ‘atención, aplicación’, procedente do lat. vehementiam, só se rexistra na frase verbal meter femença, isto é, ‘considerar, prestar atención’ (970.2, 1408.18). Cfr. tamén e meted’ y ben femença (CSM 344.9).

  • 14

    A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (cfr. vio) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).

Buscar
    Sin resultados