98 [= RM 78,19]
Quand’eu estou sen mia senhor

Quand’eu estou sen mia senhor
sempre cuido que lhi direi,
quando a vir, o mal que ei
por ela e por seu amor;
e, poi-la vi, assi mi aven
que nunca lh’ouso dizer ren,
ca ei pavor de lhi pesar
se lho disser. E que farei?
Se me calar, pode-la-ei
veer enquanto lhi negar
ca a non vejo con pavor
que lh’aja, nen ei én sabor.
E mentre o negar poder
algũa vez a ve[e]rei,
pero que val?, ca perder-m’-ei
pois se m’ela ben non fezer,
e non sei en qual escolher:
de me calar ou lho dizer.
Se lho disser e me mandar
que a non veja, morrerei;
e, se lho non dig’, averei
gran coita ja mentre durar:
ante que en coita viver
sempre, direi-lho por morrer!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 125

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 746-747 [= LPGP 520]); Littera (2016: I, 642-643).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 46-47); Machado & Machado (1949: I, 179-180); Rios Milhám (2017: I, 98).

Variants manuscrites


5 assi mi aven] assmihauen B   18 calar] calcar B   20 morrerei] moirerey B   24 morrer] moirer B

Variants editorials


14 a ve[e]rei] [ben] averei Michaëlis   17 en] én Michaëlis : en Littera

Paràfrasi


(I) Cando eu estou sen a miña señora sempre penso que lle direi, cando a vir, o mal que sufro por ela e polo seu amor; e, ao vela, acontéceme que non me atrevo a lle dicir nada, (II) porque teño medo de lle causar pesar se llo dixer. E que farei? Se calo, podereina ver en canto lle negue que non a vexo polo pavor que lle teño, (mais) nin sequera iso (o vela) é o meu desexo. 

(III) E mentres o puider negar, algunha vez a verei, mais de que me vale?, xa que me hei perder despois se me ela non fixer ben, e non sei que escoller: se ficar calado ou se llo dicir. 

(IV) Se llo dixer e me mandar que a non vexa, morrerei; e, se non llo digo, terei unha gran coita xa mentres viva: antes que vivir en coita por sempre, direillo para morrer! 

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c (= RM 160:356)

Encontros vocálicos: 5 miaven

Notes


Text
  • 14

    A solución editorial ve[e]rei para a correcta medida do verso é máis económica e menos interventiva do que a proposta michaëliana.

  • 17

    A consideración da preposición en, fronte a Michaëlis e Littera, que propoñen o pronome én, vén determinada pola rexencia de escolher coa preposición en (cfr., tamén, ca logo m’eu en al escolleria, 398.11; E, poi-lo ela part’a meu prazer, / en vós quer’eu, meu amig’, escolher, 1195.26).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat