1099 [= RM 116,30]
Quand’eu vi a dona que non cuidava

Quand’eu vi a dona que non cuidava
nunc’a veer, logo me fez ali
máis ca mi fez u a primeiro vi:
tan muito levar d’afan e de mal
que morrerei [por én], u non jaz al,
quand’eu ante máis ca todos levava.
E non morri, pero pos mí andava
mia morte quant’á que eu conhoci
aquesta dona que agora vi
(que non visse!), ca de guisa me ten
o seu amor ja fóra de meu sén
que lhi quito quanto lh’eu demandava,
ca inda m’eu ant’a [vi]ver cuidava,
mais sei que non viverei des aqui,
e non por al senon porque a vi
aquesta vez que con ela falei
(que non falasse!), pois per ela ei
tod’aquelo que ant’eu receava,
ca sei mia morte que con mig’andava
[.................................................. -i]
senon ora, pois esta dona vi,
e, pois [que] m’eu daqueste mundo vou,
pesa-mi que diran: «Por que leixou
assi morrer quen a tan muit’amava?».
E pesa-mi porque perderá prez
quanto Deus en aqueste mundo fez,
que non era erg’u ela m’andava.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 1097, V 688

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 472-473); Marroni (1968: 244-247 [= LPGP 747]); Littera (2016: II, 243).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 243); Braga (1878: 131-132); Machado & Machado (1956: V, 136-137).

Variantes manuscritas


4-5 Leuar de fam e de mal / Tan muytomoirerey hu nō iaz al B : leuar dafam e demal / tan muytomorrerey hu nō iaz al V   7 morri] moiri B : moyri V; pos] pꝯ BV   12 quanto]  q̄n to V; eu] en B; demandava] demanda dauya BV   13 ant’a [vi]ver] antauer BV   17 ei] ꝑdi BV   19 con mig’] cōmīg B   23 -mi] iaj V   24 morrer] moirer B; a] o BV   27 erg’u] erga V

Variantes editoriales


En Nunes os vv. 20-21 aparecen en orde inversa.

2 nunc’a] nunca Nunes, Marroni, Littera   4 tan muito levar] levar tan muito Nunes; afan] afã Littera   5 [por én]] om. Nunes, Marroni, Littera   6 todos] todus Marroni   7 pos] pus Marroni   12 eu] en Marroni, Littera   17 per ela ei] por ela perdi Nunes : por én perd[e]i Marroni : por en perdi Littera   20 [e des que a primeiro conhoci] Nunes   22 pois [que]] pois Nunes; daqueste] daquesto Littera   24 a] na Nunes   27 erg’u ela m’andava] erg’u ela mandava Nunes, Marroni

Paráfrasis


(I) Cando eu vin a muller que xa non pensaba ver nunca, logo alí me fixo máis do que me fixo cando a vin por vez primeira: levar tanto mal e tanto afán –que morrerei por causa diso, sen remedio–, cando eu antes xa levaba máis (afán e mal) que todos.
(II) E non morrín, aínda que a morte andaba atrás de min desde que eu coñecín esta muller que agora vin (oxalá non a vise!), porque de tal xeito o seu amor me ten xa fóra de min que a libero de todo canto eu lle pedía, (III) pois eu antes aínda pensaba vivir, mais sei que desde agora non vivirei, e non por outra cousa, senón porque a vin esta vez e con ela falei (oxalá non falase!), pois por ela me vén todo aquilo que eu antes temía, (IV) porque sei da miña morte que andaba comigo [...] senón agora, porque vin esta muller, e xa que eu me vou deste mundo, pésame polo que dirán: «Por que deixou así morrer a quen tanto a amaba?».
(1) E pésame, porque perderá o seu valor (todo canto Deus fixo neste mundo), pois non existía agás onde ela andaba.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10c 10c 10’a (= RM 189:20) + 10d 10d 10’a

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, como as cantigas 74, 85, 239, 315, 321, 389 etc., presenta total ligazón interestrófica causal a partir da segunda estrofa, unida copulativamente coa primeira, aproxímase a unha cantiga ateúda atá a fiinda, xa que a ligazón copulativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final.

  • 1-2

    Como acontece noutros sintagmas, e tamén coa perífrase dever + a + infinitivo, convén segmentar, a diferenza das precedentes edicións, a preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo (cuidava / nunc’a veer), dado que esta é, ademais, a construción maioritaria na lingua trobadoresca.

  • 5

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes). Véxanse notas a 25.11 e 66.29.

  • 10

    Neste verso (que non visse!) e tamén no v. 17 (que non falasse!) aparece a frase exclamativo-desiderativa, de carácter parentético, que non + pretérito de subxuntivo. Repetida ao longo do corpus sempre coa mesma fórmula, mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse tamén 41.3, 178.17, 179.4, 270.20, 610.15, 621.3, 647.15, 1099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10).

  • 13

    A forma reducida de ainda, en xeral precedida de ca1 , atéstase por veces no corpus (67.21, 68.12, 853.3, 1093.3), a convivir coa maioritaria ainda e a esporádica einda (véxase nota a 70.9). En calquera caso, a grafía <hinda> dos apógrafos italianos confirma a real existencia da variante.

  • 17

    A lección <ꝑdi> que subministran BV para a palabra rimante ten que, sen dúbida, ser emendada, pois a rima esixe unha terminación en -ei. A partir deste feito, Marroni fixa unha imposíbel forma perdei (cfr. perdi en Nunes e Littera, que non responde á estrutura rimática, alén de o verbo perder non ter sentido neste contexto), inexistente na lingua e metricamente inconveniente por achegar unha sílaba de máis ao decasílabo. É por isto que consideramos a existencia de dous erros: <ei> → <ꝑei> → <ꝑdi> (isto é, coa intromisión de per-), que resolve satisfactoriamente a situación paleográfica e o sentido da pasaxe (‘por ela ten o que antes receaba’).

  • 19

    A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo (11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).

  • 20

    O verso proposto por Nunes para a lacuna textual non ten moito sentido, xa que sería máis esperábel algo do tipo por me matar, que sempre lhe fogi. Cfr. vv. 7-8: pos mí andava / mia morte quant’á que eu conhoci.

  • 24

    O sentido esixe mudar o xénero do pronome para que o contido da frase sexa coherente: ‘Por que deixou morrer a quen tanto a amaba?’

  • 27

    A única maneira de ter sentido o derradeiro verso da cantiga é a través da segmentación de <mandaua> como m’andava, cun pronome de interese, para evitar un verbo mandar que non cadra no contexto. Deste modo, a fiinda debería entenderse do modo que segue: ‘E pésame porque perderá todo o prez que Deus fixo neste mundo, que non existía agás onde ela (a senhor) vivía’.

  1. ^

    Nestes contextos a variante ainda provocaría unha sinalefa anómala coa conxunción comparativa (véxase Ferreiro 2012b).

Buscar
    Sin resultados