134 [= RM 97,38]
Quando me nembra de vós, mia sennor

Quando me nembra de vós, mia sennor,
en qual afan me fazedes viver
e de qual guisa leixades Amor
fazer en mí quanto x’el quer fazer,
enton me cuid’eu de vós a quitar;
mais, pois vos vej’e vos ouço falar,
outro cuidad’ar ei log’a prender.
Porque vos vejo falar mui mellor
de quantas donas sei, e parecer,
e cuid’en como sodes sabedor
de quanto ben dona dev’a saber,
este cuidado me faz destorvar
de quant’al cuid’e non me quer leixar
partir de vós nen de vos ben querer.
E, quand’ar soio cuidar no pavor
que me fazedes, mia sennor, sofrer,
enton cuid’eu, enquant’eu vivo for,
que nunca venn’ao vosso poder;
mais tolle-m’én log’aqueste cuidar
vosso bon prez e vosso semellar
e quanto ben de vós ouço dizer.
Mais quen vos ousa, mia sennor, catar,
Deus!, como pod’o coraçon quitar
de vós, nen os ollos de vos veer,
nen como pode d’al ben desejar
senon de vós que[n] sol oir falar
en quanto ben Deus en vós faz aver?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manoscritti


A 47, B 159

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 101-102); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 84-85 [= LPGP 658]); Littera (2016: II, 122-123).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 64-65); Carter (2007 [1941]: 30); Marques Braga (1945: 97-98); Machado & Machado (1949: I, 236-237); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 134).

Varianti manoscritte


6 vos vej’e vos] uos ueg e uus A   7 prender] preuder B   9 donas] douas B   12 destorvar] estoruar B   14 vos] uoss B   15 ar] er B   17 vivo] uino B   18 venn’ao] uenha a B   19 log’aqueste] daq̄ste B   24 vós] uꝯ A   25 pode d’al] pod al A

Varianti editoriali


6 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   8 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   12 destorvar] estorvar Bertolucci Pizzorusso   14 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   15 ar] er Bertolucci Pizzorusso   18 venn’ao] venha a Bertolucci Pizzorusso : venha ao Littera   19 tolle-m’én log’aqueste] tolhem-me log’aqueste Bertolucci Pizzorusso : tolhe-m’en[de], daqueste cuidar Littera   22 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   24 ollos] olhus Bertolucci Pizzorusso; vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   25 d’al] al Michaëlis

Parafrasi


(I) Cando me lembra de vós, miña señora, en que afán me facedes vivir e de que maneira deixades a Amor facer en min canto el quere facer, entón eu penso en me afastar de vós; mais, cando vos vexo e vos ouzo falar, logo me vexo forzado a tomar outra idea.

(II) Porque vos vexo falar moito mellor que cantas donas coñezo, e ser moito máis bela, e penso en como vós tendes coñecemento de todo canto ben debe coñecer unha muller nobre, este pensamento impídeme pensar en todo o resto en que eu penso e non me quere deixar afastar de vós nin deixar de vos amar.

(III) E, cando tamén con frecuencia penso no pavor que me facedes sufrir, miña señora, entón eu penso en nunca, mentres viva, me pór no voso poder; mais decontado me libra dese pensamento a vosa valía e a vosa beleza e mais canto ben ouzo dicir de vós.

(1) Mais, quen vos ousa, miña señora, contemplar, Deus!, como pode afastar o corazón de vós, nin os ollos de vos ver, (2) nin como pode desexar o ben doutra cousa excepto de vós, quen soe ouvir falar de canto ben Deus vos fai ter?

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b + 2 x 10c 10c 10b (= RM 101:16)

Note


Testo
  • 12

    Os datos da variación destorvar ~ estorvar indican que a primeira forma é propia de A, mentres que a segunda aparece, xunto con destorvar, nos apógrafos italianos: fronte a estorvar en 109.9, transmitido só por B, aparece destorvar con lección coincidente BV en 564.12, AB en 199.31 e ABV en 982.18, mentres que no v. 17 BV ofrecen estorvar, igual que en 134 AB presentan leccións diverxentes. Cfr. nota a 236.18.

  • 13

    A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

  • 15

    O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.

  • 24

    A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

Cerca
    Nessun risultato trovato