300 [= RM 147,15]
Quando vos vi, fremosa mia sennor

Quando vos vi, fremosa mia sennor,
logo vos soube tan gran ben querer
que non coidei que ouvesse poder,
per nulla ren, de vos querer mellor,
e ora ja direi-vos que mi aven:
cada dia vos quero maior ben.
E, porque vos vi fremoso falar
e parecer, logo vos tant’amei,
sennor fremosa, que assi coidei
que nunca vos podesse máis amar,
e ora ja direi-vos que mi aven:
[cada dia vos quero maior ben].
Amei-vos tant’u vos primeiro vi
que nunca ome tan de coraçon
amou moller, e coidei eu enton
que maior ben non avia ja i,
e ora ja direi-vos que mi aven:
[cada dia vos quero maior ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


A 189, B 340

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 372); Barbieri (1980: 43 [= LPGP 915]); Littera (2016: II, 468-469).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 124); Carter (2007 [1941]: 111-112); Machado & Machado (1950: II, 98-99); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 300).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 154-155).

Varianti manoscritte


1 vos] uus A   2 vos] uus A; soube] soubi B   3 coidei] cuydey B   4 vos] uus A : uos B   5 e ora] Cora B; vos] uus A   6 vos] uus A   8 vos] uus A; tant’amei] tātame B   9 coidei] cuydei B   11 e ora] Cora B   13 vos] uus A; tant’u] quando B; primeiro] p’mero A   15 coidei eu] cuydei B   17 e ora] Cora B

Varianti editoriali


1 vos] vus Michaëlis, Barbieri   2 vos] vus Michaëlis, Barbieri; soube] soubi Barbieri   3 coidei] cuidei Michaëlis, Littera : cuydei Barbieri   4 vos] vus Michaëlis   5 e] c[a] Barbieri; vos] vus Michaëlis, Barbieri   6 vos] vus Michaëlis, Barbieri   7 vos] vus Michaëlis, Barbieri   8 vos] vus Michaëlis, Barbieri   9 coidei] cuydei Barbieri : cuidei Littera   10 vos] vus Michaëlis, Barbieri   11 e] c[a] Barbieri; vos] vus Michaëlis, Barbieri   12 vos] vus Michaëlis, Barbieri   13 vos] vus Michaëlis, Barbieri; vos] vus Michaëlis, Barbieri   15 coidei] cuydey Barbieri   17 e] c[a] Barbieri; vos] vus Michaëlis, Barbieri   18 vos] vus Michaëlis, Barbieri

Parafrasi


(I) Cando vos vin, miña señora fermosa, axiña vos amei tanto que non pensei que, de ningún modo, vos puidese amar máis, e agora direivos o que me acontece: cada día que pasa vos amo máis.

(II) E xa que vos vin fermosamente falar e parecer, decontado vos amei tanto, fermosa señora, que pensei que nunca vos podería máis amar, e agora direivos o que me acontece: cada día que pasa vos amo máis.

(III) Ameivos tanto desde o primeiro momento en que vos vin que nunca home amou a muller tan profundamente, e pensei eu daquela que non había maior felicidade niso, e agora direivos o que me acontece: cada día que pasa vos amo máis.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:226)

Encontros vocálicos: 5 mi‿aven; 11 mi‿aven; 17 mi‿aven

Note


Testo
  • 5

    Debemos interpretar a repetida lección <Cora> de B no inicio do primeiro verso do refrán como un reiterado erro por <E ora> (cfr. nota a 284.13), por máis que Barbieri fixase un texto c[a] ora na súa edición. Véxase novamente o mesmo erro en B, en todos os seus pormenores, noutra cantiga de Roi Paez da Ribela (301.5 etc.).

  • 13

    A variación lingüística (e estilística) entre A e BV reflíctese tamén na preferencia que A mostra polo adverbio u, fronte aos apógrafos italianos que prefiren quando. Dada a diferenza quantitativa no que se refire ao cómputo silábico, cando existen diverxencias na elección de adverbio tamén se refai o texto nos apógrafos italianos para evitar problemas métricos: Amei-vos tant’u vos primeiro vi A vs. Amei-vos quando vos primeiro vi B (300.13), U m’eu parti d’u m’eu parti A vs. Quand’eu parti d’u m’eu parti BV (388.1), mais, u eu vi o seu bon parecer A vs. mais, quand’eu vi o seu bon parecer B (807.20).

    Por outra parte, dun modo similar a erros de copia <o>/<ou> no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 65.32), neste manuscrito tamén existen varios casos de <e>/<ei> (coa lección correcta en BV), que deben ser postos en relación co feito de o cancioneiro ter sido copiado en Castela: direi <dire> A (122.17; 170.5, 6 e 20, fronte a <direi> nos vv. 13 e 27; 177.27), primeiro <p’mero>, <primero> A (176.9, 196.15), acordei <acorde> (247.16), Nogueira <noguera> A (1235a.5).

Cerca
    Nessun risultato trovato