112 [= RM 104,4 (= 135,2)]
Quand’ora for a mia senhor veer

Quand’ora for a mia senhor veer,
que me non quer leixar d’amor viver,
ai Deus Senhor, se lh’ousarei dizer:
«Senhor fremosa, non poss’eu guarir».
Eu, se ousar, direi quando a vir:
«Senhor fremosa, non poss’eu guarir?».
Por quantas vezes m’ela fez chorar
con seus desejos [e] cuitad’andar,
quando a vir, direi-lhi se ousar:
«Senhor fremosa, [non poss’eu guarir».
Eu, se ousar, direi quando a vir:
«Senhor fremosa, non poss’eu guarir?]».
Por quanta coita por ela levei
e quant’afan sofri e endurei,
quando a vir, se ousar, lhi direi:
«Senhor fremosa, [non poss’eu guarir».
Eu, se ousar, direi quando a vir:
«Senhor fremosa, non poss’eu guarir?]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 141

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 774 [= LPGP 677-678]); González (2016: 444); Littera (2016: II, 418).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 54); Machado & Machado (1949: I, 200); Rios Milhám (2017: I, 112).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 27); Nunes (1959: 230); Torres (1977: 510); Ferreira (1991: 21-22); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 204).

Manuscript variants


8 cuitad’andar] cuytādandar B

Editorial variants


8 con seus desejos, cuitan[do] d’andar Michaëlis : [e] con seus desejos coitad’andar Littera

Paraphrase


(I) Cando eu vaia agora ver a miña señora, que non me quere deixar vivir de amor, ai Deus Señor, se me atreverei a lle dicir: «Señora fermosa, non podo eu vivir». Eu, se me atrevo, direi cando a vir: «Señora fermosa, non podo eu vivir?».

(II) Por cantas veces ela me fixo chorar con desexos dela e andar coitado, cando a vexa, direille se me atrevo: «Señora fermosa, non podo eu vivir». Eu, se me atrevo, direi cando a vir: «Señora fermosa, non podo eu vivir?».

(III) Por canta coita por ela levei e canto afán sufrín e soportei, cando a vexa, se me atrevo, direille: «Señora fermosa, non podo eu vivir». Eu, se me atrevo, direi cando a vir: «Señora fermosa, non podo eu vivir?».

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 19:22)

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga é tamén atribuída a Nun’Eanes Cerzeo.

  • 4-6

    Obsérvese a repetición literal dos vv. 1 e 3 do refrán, no primeiro caso como un enunciado afirmativo, dirixido á senhor, para facela partícipe da coita que padece, e no segundo caso como enunciado interrogativo tamén dirixido á senhor, para inquirila indirectamente sobre se ela non vai facer nada ao respecto. Certamente, tamén existe outra interpretación posíbel, considerando ambos enunciados enunciativos: neste caso tal repetición tería unha finalidade intensificadora, de autoconvencemento.

  • 8

    A solución michaëliana ao texto errado de B non é satisfactoria, pois non se corresponde cos usos trobadorescos de coitar nin ten un sentido claro; por súa parte, a proposta de Littera impide o acento na 4ª sílaba.

Search
    No results