I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 379); Barbieri (1980: 55 [= LPGP 915]), Littera (2016: II, 471-472).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 126); Carter (2007 [1941]: 114); Machado & Machado (1950: II, 105); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 305).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 36).
1 máis] mas B 2 vej’u eu] Veio eu e B 3 me ] mj B 5 máis] mas A 7 mia] nha B 8 u] om. B 9 vera] ueera B 10 ouç’as] ouço as B; máis] mas A 13 lle] lhi B 14 u a juntar con] Vay iūtar o B; quantas] quatas A 15 valra] ualira B 16 vej’] om. B; máis] mas A
1 máis] mas Barbieri 3 boas] bõas Michaëlis; me] mi Barbieri 6 que] qu(e) Michaëlis 9 vera] veerá Barbieri 10 ouç’as] ouço as Barbieri 12 que] qu(e) Michaëlis 13 lle] lhi Barbieri 16 às] as Michaëlis, Littera 18 que] qu(e) Michaëlis
(I) Cantas máis donas de moi fermoso parecer vexo por onde eu ando, que son –penso eu– moi boas donas, así Deus me perdoe, e cantas máis mulleres podo ver, tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).
(II) E a miña señora, aquel a quen a mostre Deus, cando vexa aquelas que de entre as outras teñen maior ben, ben verá que ao seu lado non son nada, e canto máis eu escoito louvar as outras tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).
(III) E Deus Señor, que lle fixo tanto ben, cando a xunte con todas as mellores (mulleres) que hai no mundo, tanto máis valerá ela, e canto eu máis vexo ás de máis prez das outras tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:227)
Encontros vocálicos: 6 *e‿atant(o); 12 *e‿atant(o); 18 *e‿atant(o)
Nesta cantiga en A aparece repetido no refrán o erro <mas> por <mais> (véxase tamén vv. 10, 16), que só volvemos encontrar en 355.2.
A presenza de atanto neste verso provoca unha aparente hipermetría agás que consideremos unha rara sinalefa e‿atanto ou, alternativamente, a máis anómala que‿é (sobre qu(e) en Michaëlis véxase nota a 18.23). Porén, é moi posíbel que atanto sexa un erro de copia inducido polo anterior atanto do v. 5.
Para alén da presenza de erros de copia ou de variación inducida pola aparición ou supresión doutros elementos, en B (e V) percíbese, con relación a A, unha maior tendencia á utilización de formas gráficas máis arcaicas de seer e veer no relativo á conservación de hiatos gráficos en posición pretónica: Tan vil vos serei [<seerei> B] de pagar (90.15); ca nunca vira, nen vi, nen verei [<ueerei> B] (178.6); u veran [<ueeram> B] ela que tan muito val (195.36); o entender máis como seria [<seeria> B] (236.7); meu ben seria [<seeria> BV]; mais non llo direi (996.15) etc.