142 [= RM 97,39]
Quantos entenden, mia sennor

Quantos entenden, mia sennor,
a coita que me por vós ven
e quan pouco dades por én,
todos maravillados son
de non poder meu coraçon
per algũa guisa quitar,
por tod’esto, de vos amar.
Maravillan-se, mia sennor,
e eu deles, por niun ben
desejaren de nulla ren
eno mundo se de vós non,
se lles Deus algũa sazon
aguisou de vo-lles mostrar
ou d’oiren de vós falar,
ca, se vos viron, mia sennor,
ou vos souberon connoscer,
Deus, com’ar poderon viver
eno mundo ja máis des i,
senon coitados come mí
de tal coita qual oj’eu ei
por vós, qual nunca perderei?
Nen a perderá, mia sennor,
quen vir vosso bon parecer;
mais converra-ll’én a sofrer
com’eu fiz des quando vos vi;
e o que non fezer assi,
se disser ca vos viu, ben sei
de min ca llo non creerei,
mais creê-ll’-ei a quen leixar
tod’outro ben por desejar-
-vos, que sempre desejarei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manoscritti


A 55, B 167

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 117-118); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 101-102 [= LPGP 658-659]); Littera (2016: II, 129).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 68-69); Carter (2007 [1941]: 35-36); Marques Braga (1945: 115-116); Machado & Machado (1949: I, 252-253); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 142).

Varianti manoscritte


2 me] mj B   7 vos] uus A   8 Maravillan-se] Marauilhanffe B   9 niun] nē hū B   12 lles] lhis B   13 lles] lhis B   16 connoscer] conhocer B   17 ar] er B   19 mí] mj̄ B   24 converra-ll’én] cōueiralhi en B   25 quando] quado A; vi] nj B   28 ca] q̄ B   29 creê-] creer B   31 vos] uus A : uos B

Varianti editoriali


1 Quantos] Quantus Bertolucci Pizzorusso   2 me] mi Bertolucci Pizzorusso   4 todos maravillados] todus maravilhadus Bertolucci Pizzorusso   7 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   9 niun] nenhun Bertolucci Pizzorusso : nẽum Littera   10 desejaren] desejar eu Michaëlis   12 lles] lhis Bertolucci Pizzorusso   13 lles] lhis Bertolucci Pizzorusso   15 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   16 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; connoscer] conhocer Bertolucci Pizzorusso, Littera   17 ar] er Bertolucci Pizzorusso   19 coitados] coitadus Bertolucci Pizzorusso; mí] min Bertolucci Pizzorusso : mim Littera   21 por] per Michaëlis   24 ll’] lhi Bertolucci Pizzorusso; én a] ena Littera   25 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   27 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   28 min] mi Michaëlis   29 creê-ll’-ei] creer-lh’ei Bertolucci Pizzorusso, Littera   31 vos] vos Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso : vós Littera

Parafrasi


(I) Cantos entenden, miña señora, a coita que por vós me vén e o moi pouco que iso vos importa, todos fican marabillados de que eu non poida dalgunha maneira impedir ao meu corazón, por todo isto, que vos ame.

(II) Marabíllanse, miña señora, e eu deles, por non desexaren ningún outro ben no mundo senón o voso, se Deus algunha vez dispuxo mostrarvos a eles ou que ouvisen falar de vós, (III) porque, se vos viron, miña señora, ou vos souberon coñecer, Deus!, como puideron tamén vivir máis no mundo desde ese momento, senón aflixidos coma min por tal coita cal a que hoxe eu teño por vós, que nunca perderei?

(IV) Nin a perderá, miña señora, quen vexa a vosa fermosura; mais conviralle sufrir por iso como eu fixen desde que vos vin; e o que non faga así, se dixer que vos viu, sei moi ben que non llo hei crer, (1) mais hei crer a quen deixe todo outro ben por vos desexar a vós, a quen sempre desexarei.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d + 8e 8e 8d (= RM 199:9)

Note


Testo
  • 10

    A pesar do salto conceptual entre singular (eu) e plural (eles) –de aí a interpretación michaëliana (desejar eu) da secuencia <deseiaren>/<deseiare͂>– semella que desejaren é a lectura correcta, en liña con oiren no v. 13, pois o trobador pasa de falar da propia coita na primeira cobra a falar da coita dos que ven ou ouven falar a súa sennor na segunda cobra.

  • 13

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:

    e poy-ll’ouveron comprada, un dia ante da luz
    moveron do porto Dovra (CSM 35.115).

    e poi-ll’alçaron a mesa, foi catar logo correndo
    logar en que o fezesse (CSM 45.37).

    foi enton ela moi leda poi-ll’el diss’ onde ve͂era (CM 55.72).

  • 16

    A grafía <sc> que mostra connoscer aparece nas cantigas profanas en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cõnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4). E só en tres ocasións localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: gradecer <gradecer> B vs. <gradescer> V (1378.1); conhocedes <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V (1480.19); conhoceria <conhoceria> B vs. <donhosceria> V (1630.9). Cfr. nota a 68.11.

  • 17

    O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.

  • 19

    A construción comparativa de igualdade con mí ~ min (come mí/min) é levemente maioritaria no corpus (42.21, 128.27, 142.19, 218.14, 953.3, 1074.3, 1140.6 e 11), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min, a respecto da estrutura com’eu ~ come eu (43.15, 150.2, 723.20, 978.8, 1074.5 e 1593.r2)No corpus non aparece eu como segundo termo da comparación introducido por ca, feito moi raro na lingua medieval de que achamos escasísimas mostras. Véxase, por exemplo, nun documento de 1324, de Ferreira de Pantón:

    pero si vos Domingo dos Sãõs, meu yrmao, ante morrerdes ca eu, que vos leyxedes o meu livre e quito en paz a min ou a quen eu mande (Fernández de Viana y Vieites 1994: 55).

  • 24

    Neste verso rexístrase a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

  • 28

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 29

    O proceso de asimilación fonética [ɾʎ] > [ʎ] nas formas de futuro con pronome mesoclítico (véxase nota a 21.3) son moi ocasionais nos apógrafos italianos, como mostra neste caso B, que ofrece a forma creer-lh’-ei. Nótese, ademais, que a crase en ll’-ei encobre unha forma pronominal contracta llo. Cfr. nota a 175.18.

  • 30-31

    Nótese a tmese métrica de tipo simple, en que o verso segmenta a base verbal e o clítico, que pasa para o verso seguinte. Tal segmentación versal volve aparecer en 123.24-25, 430.10-11, 476.10-11, 1229.1-2, 1263.10-11, 1445.20-21, 1476.3-4 e 1543.14-15. Véxase nota a 14.25-26, 37.18-19, 482.1-2, 1542.3-4. Porén, a lección de B supoñería a anulación da tmese coa forma tónica vós, complemento sen preposición (desejar / vós, ...).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Cerca
    Nessun risultato trovato