410 [= RM 114,17 (= 157,45)]
Quantos oj’andan eno mar aqui

Quantos oj’andan eno mar aqui
coidan que coita no mundo non á
senon do mar, ne[n] an outro mal ja;
mais d’outra guisa contece oje a mí:
coita d’amor me faz escaecer
a mui gran coita do mar, e tẽer
pola maior coita de quantas son
coita d’amor a quen a Deus quer dar;
e é gran coita de mort’a do mar,
mas non é tal, e por esta razon
coita d’amor me faz escaecer
[a mui gran coita do mar, e tẽer]
pola maior coita, per bõa fe,
de quantas foron nen son nen seran;
e estes outros que amor non an
dizen que non, mas eu direi qual é:
coita d’amor me faz escaecer
[a mui gran coita do mar, e tẽer]
por maior coita a que faz perder
coita do mar, que faz muitos morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 251

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 490-491); Cunha (1999 [1945]: 126-127); Monteagudo (1984: 341 [= LPGP 719-720]); Littera (2016: II, 221).
II. Outras edicións: Cotarelo Valledor (1934: 197-198); Carter (2007 [1941]: 145-146); Machado & Machado (1960: VII, 42); Arbor Aldea (2016b); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 122);  Rios Milhám (2018b: III, 410).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 8); Nemésio (1961 [1949]: 127); Piccolo (1951: 171-172); Nunes (1959: 261); Oliveira & Machado (1959: 34); Álvarez Blázquez (1975: 176-177); Torres (1977: 165); Gonçalves & Ramos (1983: 211); Dobarro Paz et alii (1987: 28); Sansone (1990: 234); Jensen (1992: 252); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 162); Diogo (1998: 165); Morán (1999: 54); [Morán] (2001: 62); Arias Freixedo (2003: 667-668); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 97-98); Souto Cabo (2017: 193).

Variantes manuscritas


8 quer] (quis) \quer/ A   15 amor non] amor (a)nō A   19 maior coita a que] {mayor} gran coita (tenn) aq̄ A

Variantes editoriais


1 eno] ẽ-no Cunha   2 coidan] cuidan Michaëlis   4 contece oje] contec(e) og(e) Michaëlis : conteç’oj’ Cunha   8 quen a] quẽ-na Cunha   10 mas] mais Michaëlis, Monteagudo   13 per bõa] por bõa Cunha : per boa Monteagudo, Littera   18 do mar] d’amor Monteagudo, Littera   19 por maior coita a] po(la) mayor coyt’a Cunha   20 faz muitos] muitos faz Monteagudo

Paráfrase


(I) Cantos hoxe aquí andan no mar coidan que non hai coita no mundo máis que a do mar, nin teñen outro mal; mais doutra maneira me acontece hoxe a min: a coita de amor faime esquecer a moi gran coita do mar, e considerala (II) como a maior coita de cantas existen a coita de amor, a quen lla Deus quere dar; e é gran coita mortal a do mar, mais non é tal, e por esta razón a coita de amor faime esquecer a moi gran coita do mar, e considerala (III) como a maior coita, abofé, de cantas foron nin son nin serán; e estoutros que non teñen amor din que non, mais eu direi cal é: a coita de amor faime esquecer a moi gran coita do mar, e considerala (1) como a maior coita aquela que fai esquecer a coita do mar, que a moitos fai morrer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:190)

Encontros vocálicos: 4 conteceojea

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga, tamén considerada anónima, inscrita na temática mariña, forma parte do ciclo que António Resende de Oliveira sitúa entre 1282 e 1286, cando Paaio Gomez Charinho foi Almirante do Mar (véxase Oliveira 2019).

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 6

    Face ao valor xeral de coita no corpus trobadoresco, habitualmente ligado á coita d’amor, nesta cantiga a coita do mar ten de facer referencia á angustia provocada polas difíciles condicións de traballo e de sobrevivencia no oceano, así como ao mareo característico que a navegación pode provocar. Cfr. nas Cantigas de Santa Maria:

    A Emperadriz, que non vos era de coraçon rafez,
    com’ aquela que tanto mal sofrera e non hu͂a vez,
    tornou, con coita do mar e de fame, negra come pez (CSM 5.126).

    De calquera xeito, nótese o xogo paronomásico entre coita d’amor e coita do mar.

  • 15

    A expresión analítica estes outros, que só volve atestarse na cantiga 723.5, contrasta coa aparición do demostrativo reforzado est’outro e aquest’outro (véxase nota a 1237.32), que era relativamente frecuente na lingua medieval (véxanse, por exemplo, est’outro nas CSM 141.29; estoutra na Crónica Troiana (Lorenzo 1985: 370); estoutros no Livro de Falcoaria (Lapa 1931: 72), destoutra n’Ho Flos Sanctorum em Lingoagẽ (Lucas 1988: 35) etc.

  • 19

    Este verso foi revisado con bastante antención: o corrector acrencentou <mayor>, mantivo <gran>  e eliminou <tenn>, ao tempo que indicou que maior debía colocarse antes de gran. Isto suxire unha hipotética lección maior gran coita (con sinalefa en coita‿a), construción que non achamos na lingua medieval, feito que nos obriga á expunción de gran, talvez esquecido, a pesar de todo, no proceso de revisión do verso.

Procurar
    Não foram encontrados resultados