I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 224); Blasco (1984: 199 [= LPGP 832]); Marcenaro (2012b: 297); Littera (2016: II, 361-362).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 94); Carter (2007 [1941]: 67); Marques Braga (1945: 21); Machado & Machado (1949: I, 356-357); Fernández Pousa (1953: 25); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 202).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 193).
1 Quantos] Quantus B 2 si] se B 3 a] om. A; lles] lhis B 6 si] se B; non á] non (n) a B 8 vos] uos A 10 a mello-los fez] a melhʳ lhes fez B 12 dona] don A 13 si] se B; a mí] me A 15 atal] tal B 16 perderon-no] ꝑdero no B 19 non] nē B 20 si] se B; a min] mj B
6 ca] e Littera; mí] min Blasco : mim Littera 8 vos] vus Michaëlis, Blasco 13 ca] e Littera; mí] m[i]<n> Blasco : mim Littera 16 -no] o Littera 17 mundo] mund(o) Michaëlis 19 ca] e Littera 20 min] mi Michaëlis, Marcenaro
(I) Todos os que hoxe coñezo que tolearon por amor din, así Deus me deixe ter ben, que a mellor dona de cantas existen no mundo lles fixo perder o sentido; se é verdade, eu xa coñezo esa dona, pois tal dona, así Deus me perdoe, non existe no mundo, agás a miña señora.
(II) Aínda vos direi outra cousa: a todos estes lles escoito eu dicir que a mellor dona do mundo os fixo tolear; mais, se é verdade, entón coñezo eu a dona, abofé, pois tal dona, así Deus me perdoe, non existe no mundo, agás a miña señora.
(III) Se verdade é que eles por tal dona que din perderon a cordura, pola mellor do mundo, e están tolos por iso e non teñen gusto por ningunha outra cousa, non están tolos senón pola miña señora, pois tal dona, así Deus me perdoe, non existe no mundo, agás a miña señora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10D 10D (= RM 199:2)
Encontros vocálicos: 17 mundo,‿e
O deslocamento de sei para a posición de rima opaca a orde sintáctica lóxica: Quantos oj’eu sei sandeus con amor / dizen, si Deus me leixe ben aver, / que a dona lles fez o sén perder.
A fórmula si Deus a mí perdon, do primeiro verso do refrán, presenta unha lección diferente na segunda cobra (v. 13), pois aparece o pronome me en A (sen copia en B, que abrevia antes do retrouso), mentres que na terceira estrofa falta a preposición en B. A conseguinte hipometría da lección de A indica que o refrán da segunda cobra debe ser emendado para restaurar a isometría.
Nótese, ademais, a variación mí ~ min no refrán (I-II mí; III min), en liña coa alternancia das dúas formas na lingua trobadoresca e mais na lingua medieval en xeral. Cfr. nota a 27.4.
Sendo posíbel a asimilación do pronome (e do artigo) de P3 en función de CD ao vocábulo anterior cando este acaba en -r ou en -s (nomeadamente formas verbais e algúns pronomes e preposicións), é verdadeiramente inusual a asimilación co adxectivo melhor, que tamén comparece en 185.8) (cfr nota a 25.16). No entanto, é significativo comprobar como en B se evita tal fenómeno, introducíndose un pronome lhes que implica a aparición dun anómalo CI con ensandecer. O encontro mello-los ten a súa orixe no violento hipérbato producido pola separación do modificador (mellor) do núcleo do suxeito (dona do mundo), que é deslocado ao final da frase (que a mello-los fez ensandecer / dona do mundo = que a mellor dona do mundo os fez ensandecer).
Para alén da aparición da variante no do artigo após con, quen, ben, non e nen, non é moi frecuente o uso deste alomorfo após forma verbal acabada en nasal, aínda que é produto, de modo similar ao que acontece con -lo tras -r ou -s, da asimilación da consoante nasal final co forma arcaica do artigo (-n+lo > -n+no): Ambas eran-nas melhores (113.13), [e] perdian-na color (489.12), «Venhan-nas barcas polo rio / a sabor» (1167.4), pesa-lhes én / e razoan-no ben por mal (1447.21).
Similar situación se produce nas Cantigas de Santa Maria, onde podemos achar o mesmo alomorfo no artigo e/ou pronome: cab’ o altar u tangen-na canpãa / do Corpus Domini (CSM 69.38); e prometeu poren / hu͂a que lle nacera de en orden-na meter (251.13).