En B, entre a primeira e a segunda cobra aparece riscada a rúbrica atributiva: (Prodriguī de Calheyrꝯ).
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 59-60 [= LPGP 325-326]); Cohen (2003: 112); Littera (2016: I, 363).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 89); Braga (1878: 46); Machado & Machado (1952: III, 284-285).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 189-190); Torres (1977: 128); Magalhães (2007: 89).
1 agor’, amigo] agora (a)migo V 2 pois] poy V; queredes] ueredes V 5 En] Ca V 13 Matar-mi-ei] (Ma) / Matarmhey B : Matarmey V 14 ren] tē B
13 Matar-mi-ei] Matar-m’ei Nunes
(I) Que farei agora, amigo, xa que non queredes comigo vivir, porque eu non podo amar nada máis.
(II) En gran coita me deixades se vós pensades ir vivir a outro lugar, porque eu non podo amar nada máis.
(III) Se esta ida vosa se cumpre, non sei como poderei vivir, porque eu non podo amar nada máis.
(IV) Heime matar se mo dicides: que vós podedes sen min vivir, porque eu non podo amar nada máis.
Esquema métrico: 4 x 7’a 7’a 2B 8B (= Tav 37:60)
Encontros vocálicos: 13 -mi͜-ei
Esta composición presenta un esquema métrico singular, moi similar ao da cantiga 643, tamén de Calheiros: o trazo máis significativo do punto de vista métrico é o verso bisilábico, que foi isolado xa desde as primeiras edicións, a pesar de nos cancioneiros o refrán aparecer copiado como se fose un único verso.
En xeral, na lingua trobadoresca concorren as formas pronominais átonas do tipo me ~ mi, lhe ~ lhi etc.: en liñas xerais, no Cancioneiro da Ajuda é maioritaria a utilización das formas do tipo me (ou contractas), sen distinción de función sintáctica (CD e/ou CI); nos cancioneiros apógrafos italianos é norma xeral a distinción sintáctica (me, CD; mi, CI), por máis que se achen múltiplas alternancias de formas. Véxase Monteagudo (2019c).
Por coherencia conceptual coas estrofas anteriores, marcamos explicitamente o carácter completivo de que a través da puntuación: a amiga non soportaría que el puidese vivir noutro lugar sen ela; por iso se mataría se lle ouvise dicir que si.