642 [= RM 47,27]
Que farei agor’, amigo

Que farei agor’, amigo,
pois que non queredes migo
viver,
ca non poss’eu al ben querer?
En gran coita me leixades
se vós alhur ir cuidades
viver,
ca non poss’eu al ben [querer].
Se aquesta ida vossa
for, non sei eu como possa
viver,
ca [non poss’eu al ben querer].
Matar-mi-ei se mi-o dizedes:
que vós ren sen mí podedes
viver,
ca non poss’eu al ben [querer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 627, V 228

En B, entre a primeira e a segunda cobra aparece riscada a rúbrica atributiva: (Prodriguī de Calheyrꝯ).

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 59-60 [= LPGP 325-326]); Cohen (2003: 112); Littera (2016: I, 363).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 89); Braga (1878: 46); Machado & Machado (1952: III, 284-285).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 189-190); Torres (1977: 128); Magalhães (2007: 89).

Variantes manuscritas


1 agor’, amigo] agora (a)migo V   2 pois] poy V; queredes] ueredes V   5 En] Ca V   13 Matar-mi-ei] (Ma) / Matarmhey B : Matarmey V   14 ren] tē B

Variantes editoriais


13 Matar-mi-ei] Matar-m’ei Nunes

Paráfrase


(I) Que farei agora, amigo, xa que non queredes comigo vivir, porque eu non podo amar ninguén máis.

(II) En gran coita me deixades se vós a outro lugar pensades ir vivir, porque eu non podo amar ninguén máis.

(III) Se esta ida vosa se cumpre, non sei como poderei vivir, porque eu non podo amar ninguén máis.

(IV) Heime matar se mo dicides: que vós podedes sen min vivir, porque eu non podo amar ninguén máis.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7’a 2B 8B (= RM 37:60)

Encontros vocálicos: 13 -mi͜-ei

Notas


Texto
  • *

    Esta composición presenta un esquema métrico singular, moi similar ao da cantiga 643, tamén de Calheiros: o trazo máis significativo do punto de vista métrico é o verso bisilábico, que foi isolado xa desde as primeiras edicións, a pesar de nos cancioneiros o refrán aparecer copiado como se fose un único verso.

  • 1

    A variante de V mostra a dúbida, no proceso de copia do manuscrito, entre a sinalefa (véxase 764.r2, 874.13) e a habitual crase de (ag)ora con amigo/a ou amigar (véxase 644.1, 787.4, 929.3).

  • 13

    En xeral, na lingua trobadoresca concorren as formas pronominais átonas do tipo me ~ mi, lhe ~ lhi etc.: en liñas xerais, no Cancioneiro da Ajuda é maioritaria a utilización das formas do tipo me (ou contractas), sen distinción de función sintáctica (CD e/ou CI); nos cancioneiros apógrafos italianos é norma xeral a distinción sintáctica (me, CD; mi, CI), por máis que se achen múltiplas alternancias de formas. Véxase Monteagudo (2019c).

  • 13-14

    Por coherencia conceptual coas estrofas anteriores, marcamos explicitamente o carácter completivo de que a través da puntuación: a amiga non soportaría que el puidese vivir noutro lugar sen ela; por iso se mataría se lle ouvise dicir que si.

Procurar
    Não foram encontrados resultados