214 [= RM 43,13]
Que grave cousa, sennor, d’endurar

Que grave cousa, sennor, d’endurar,
pera quen á sabor de vos veer,
per nulla ren, de non aver poder,
senon mui pouco, de vosco morar,
e esso pouco que vosc’estever
entender ben, sennor, se vos disser
algũa ren, ca vos dira pesar.
A min aven, a que quis Deus guisar
d’aver gran coita ja mentr’eu viver,
pois a vós pesa de vos eu dizer
qual ben vos quero; mais a Deus rogar
quer’eu assi (ca assi m’é mester):
que El me dé mia morte se non der
tal coraçon a vós d’én non pesar.
E, mia sennor, por Deus, que vos falar
fez mui mellor e mellor parecer
de quantas outras donas quis fazer,
por tod’aqueste ben que vos fui dar
vos rog’oj’eu por El que, pois El quer
que vos eu ame máis d’outra moller,
que vos non caia, sennor, en pesar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


A 114, B 230

O texto de A, por lacuna no códice, comeza na derradeira palabra do v. 6 (disser).

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 238-239); Spampinato Beretta (1987: 72-73 [= LPGP 295-296]); Littera (2016: I, 317).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 98-99); Carter (2007 [1941]: 69-70); Marques Braga (1945: 219-220); Machado & Machado (1949: I, 373-374); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 214).
III. Antoloxías: Torres (1977: 272).

Manuscript variants


7 vos] uus A   8 quis] om. B   11 vos] u\ꝯ/ {uos} A   13 q̄ mj de mʳre se auos nō der B   14 d’én] deuꝯ ē B   18 tod’aqueste ben que vos fui] todeste bē q̄uꝯ el foy B   19 que] om. B   20 moller] molhor B   21 caia] coyta B; pesar] pessar A

Editorial variants


2 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   6 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   7 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   10 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   11 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   12 ca assi] c’assi Spampinato Beretta   13 dé] dê Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera; morte] mort', e Littera   15 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   18 vos fui] vus fui Michaëlis, Spampinato Beretta : vos foi Littera   20 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   21 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta

Paraphrase


(I) Que cousa difícil de soportar, señora, para quen ten o desexo de vos ver, non poder de maneira ningunha morar convosco, agás moi pouco (tempo), e entender ben, nese pouco tempo que estiver convosco, señora, que vos dirá pesar se vos dixer algunha cousa.

(II) Iso me acontece a min, a quen Deus quixo dispor que sufrise unha gran coita xa mentres viva, pois a vós vos pesa que eu vos diga canto vos amo; mais a Deus quero rogar así, porque así o preciso: que el me dea a morte se non vos der a vós un corazón tal que iso non vos cause pesar.

(III) E, miña señora, por Deus, que vos fixo falar moito mellor e ser máis fermosa que cantas outras donas quixo facer, por todo este ben que El vos foi dar rógovos eu hoxe por El que, pois El quere que eu vos ame máis que a outra muller, que non vos cause, señora, pesar.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:28)

Notes


Text
  • 12

    A lectura c’assi de Spampinato, para alén de propor unha anómala crase (véxase Ferreiro 2012b), emenda a lección unánime de A e B e converte o verso en hipométrico.

  • 13-14

    A segmentación da copulativa realizada por Littera en morte (*mort’, e) rompe a liña conceptual da estrofa, deixando a forma verbal der sen o correlato que esixiría a presenza da conxunción.
    De calquera maneira, a lección transmitida polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional fai máis transparente o sentido destes dous versos, pois a expresión é máis natural:

    que mi dé morte se a vós non der
    tal coraçon de vos én non pesar.

  • 18

    Nótese como B opta por este fronte a aqueste de A, compensado metricamente coa introdución do pronome el.

    Por outra parte, do mesmo modo que a forma foi pode ser P1 de pretérito de seer (e de ir), tamén fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser resultado de P1, o mesmo que fui de P3. 

  • 19-21

    A conxunción completiva que aparece repetida tras a frase parentética (véxase nota a 53.17-18): 

    por tod’aqueste ben que vos fui dar
    vos rog’oj’eu por El que, pois El quer
    que vos eu ame máis d’outra moller,
    que vos non caia, sennor, en pesar.

  • 21

    Caer en pesar (que só volve aparecer en 28.27) é expresión verbal paralela a caer en prazer ‘agradar, resultar grato’ (56.15 e 66.3), é sinónimo do frecuente verbo pesar.

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <pessar> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

Search
    No results