902 [= RM 143,17]
Que mui gran prazer oj’eu vi

Que mui gran prazer oj’eu vi
u me vos Deus mostrou, senhor!
E ben vos faço sabedor
que, pois que m’eu de vós parti,
non cuidara tant’a viver
como vevi sen vos veer.
Que muito que eu desejei
de vos veer e vos falar!
E foi-mi-o Deus ora guisar,
senhor, e máis vos én direi:
non cuidara [tant’a viver
como vevi sen vos veer].
E Deus, que mi fez este ben,
ainda m’outro ben fara,
pois El quis que vos visse ja,
mia senhor, ca per nen un sén
non cuidara tan[t’a viver
como vevi sen vos veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 310, B 902, V 487

A cantiga foi transmitida fragmentariamente no Cancioneiro da Ajuda: só presenta a primeira estrofa, interrompida na primeira palabra do segundo verso do refrán (como).

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 623 [= LPGP 901-902]); Arias Freixedo (2010: IV); Littera (2016: II, 439-440).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 179); Braga (1878: 93); Carter (2007 [1941]: 182); Machado & Machado (1953: IV, 252).

Variantes manuscritas


1 Que] Ve A; oj’eu] e eu B : o eu V   3 om. B; vos] uos A   4 m’eu] men B   5 non] on A   6 vevi] ueni V; veer] ueen B   7-18 om. A   9 ora] agora BV   13 Deus] des V   16 ca] ai B

Variantes editoriales


6 vos] vus Michaëlis   8 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   16 nen un] nenhun Michaëlis : nẽum Littera   18 vos] vus Michaëlis

Paráfrasis


(I) Que gran pracer sentín hoxe, señora, cando Deus me vos mostrou! E quero que saibades que, despois que me separei de vós, nunca pensei vivir tanto como vivín sen vos ver.

(II) Canto desexei vervos e falar convosco! E concedeumo agora Deus, señora, e direivos algo máis: nunca pensei vivir tanto como vivín sen vos ver.

(III) E Deus, que me concedeu este ben, aínda me ha de dar outro, pois quixo xa que vos vise, miña señora, porque de ningún xeito nunca pensei vivir tanto como vivín sen vos ver.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:383)

Encontros vocálicos: 9 -mi͜-o

Notas


Texto
  • 6

    A utilización da forma disimilada vevi (<vivi) do segundo verso do refrán, que tamén se rexistra en 960.18, 966.5 e 1060.6, é mostra dunha tendencia moi limitada á disimilación de formas do tipo dizia  > dezia ou vivia > vevia (véxase nota a 888.50). En calquera caso, non achamos atestacións de vevi na produción prosística medieval.

  • 9

    Para resolver a hipermetría do verso é necesaria a emenda da forma agora en ora, como en 180.14, en que a lección <agora> de BV fai hipermétrico o verso. Para alén disto, existen diversas pasaxes en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta con ora face o errado agora doutro cancioneiro: 777.15 (ora B vs. agora V), 485.r2, onde o refrán da estrofa II presenta en BV a lección correcta ora, mentres que nas estrofas I e III aparece agora, que debe ser emendado. E viceversa, véxase 980.16 onde existe concorrencia da correcta lección <ora> de A coa errada <agora> de BV.

  • 13

    A forma des de V, probábel desenvolvemento errado da abreviatura de Deus, podería tamén ser considerada parte da locución adverbial des que (E des que mi fez este ben...), tendo en conta que o suxeito de fez aparece nomeado xa na estrofa anterior. Mais a presenza  da forma abreviada de Deus tamén en B, e a repetición desta palabra nas tres estrofas, fannos descartar esta lectura.

Buscar
    Sin resultados