I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 33-34 [= LPGP 220-221]); Nunes (1972 [1932]: 116-117); Littera (2016: I, 182-183).
II. Outras edicións: Moura (1847: 45-47); Monaci (1875: 48); Braga (1878: 22-23); Machado & Machado (1952: III, 72-73); Montero Santalha (1997: 232-233); Júdice (1997: 106); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 134-135).
5 viir] uur V 14 quand’en] Qn̄den B: q̄ndenV 16 gran maravilha] g̃ra m̃uilha B 17 viir] mjr V 20 du o] dúú BV : duu V : [*]uu T1
2 cuido no] cuid’e-no Lang 5 min] mi Littera 6 quantos] quantas Lang 11 min] mi Lang, Nunes 12 quantos] quantas Lang 18 quantos] quantas Lang 19 razon] sazon Nunes
(I) Que gran pracer eu teño, señora, cando penso en vós e non penso no mal que me facedes! Mais direivos o que eu teño por unha gran marabilla, señora: virme mal de vós, en quen Deus non puxo ningún mal de cantos hai no mundo.
(II) E, señora fermosa, cando penso en vós e non no mal que me vén por causa de vós, todo ese tempo sinto como un ben; mais teño por unha gran marabilla virme mal de vós, en quen Deus non puxo ningún mal de cantos hai no mundo, (III) porque, señora, me resulta moi pracenteiro cando penso en vós e non teño que pensar en canto mal me facedes sufrir; mais penso que é unha gran marabilla virme mal de vós, en quen Deus non puxo ningún mal de cantos hai no mundo, (1) porque, por Deus, parece moito sen razón o feito de que eu reciba mal de onde Deus nunca o puxo, non.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:28)
Nótese a relación desta cantiga con UC 505, tamén de Don Denis, a través dunha certa interxtualidade no refrán:
ven-mi gran mal de vós, ai mia senhor,
en que nunca pôs mal Nostro Senhor.
Por outra banda, esta cantiga é próxima ás cantigas ateúdas, con ligazón copulativa das dúas primeiras estrofas (véxase nota á cantiga 74).
A lección <cuydo no> BV desaconsella a lectura de Lang, cunha segmentación discutíbel (cfr. nota a 514.19).
Nótese a aparición de min, CI sen preposición, no refrán da estrofa II, transmitido polos tres manuscritos con esta variación a respecto das estrofas I e III (cfr. nota a 27.4-6). Pola presenza da forma tónica min na segunda ocorrencia do refrán cabería a posibilidade de considerar tamén tónicas as formas mí do vv. 5 e 17.
Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.