574 [= RM 25,95]
Que muit’á ja que non vejo

Que muit’á ja que non vejo
mandado do meu amigo,
pero, amiga, pôs migo
ben aqui, u m’ora sejo,
que logo m’enviaria
mandad’ou s’ar tornaria.
Muito mi tarda, sen falha,
que non vejo seu mandado,
pero ouve-m’el jurado
ben aqui, se Deus mi valha,
que logo m’enviaria
[mandad’ou s’ar tornaria].
E, que vos verdade diga,
el sev’e muito chorando
er seve por mí jurando,
u m’agora sej’, amiga,
que logo m’enviaria
manda[d’ou s’ar tornaria].
Mais, pois non ven nen envia
mandad’, é mort’ou mentia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 557, V 160

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 68-69 [= LPGP 221]); Nunes (1973 [1928]: 8-9); Cohen (2003: 590); Littera (2016: I, 213-214).
II. Outras edicións: Moura (1847: 124-125); Monaci (1875: 65-66); Braga (1878: 32-33); Machado & Machado (1952: III, 170); Cohen (1987: 27-28); Júdice (1997: 25); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


2 ..... Mandado|do meu amigo / Mandado domeu amigo B   4 m’ora] mhora V   5 logo] loco V   11 m’enviaria] me inuiaria V

Variantes editoriais


4 m’ora] mi ora Nunes, Littera : mh ora Lang, Cohen   14 sev’e] seve Lang, Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Canto hai xa que non teño novas do meu amigo, aínda que, amiga, acordou comigo aquí mesmo, onde agora estou, que logo me enviaría unha mensaxe ou que se tornaría.

(II) Moito me tarda, certamente, que non vexo a súa mensaxe, aínda que el me xurou aquí mesmo, así Deus me valla, que logo me enviaría unha mensaxe ou que se tornaría.

(III) E, se vos digo a verdade, el estivo onde agora estou eu, chorando moito e xurándome, amiga, que logo me enviaría unha mensaxe ou que se tornaría.

(1) Mais, pois non vén nin envía unha mensaxe, (ou) está morto ou mentía.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C + 7’c 7’c (= RM 160:445)

Notas


Texto
  • 1

    O abrupto comezo da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (199.1, 393.1, 407.1, 624.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1023.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).

  • 4

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer (tamén no v. 16), resultado da conxugación regular de sedēre neste tempo (sedeo, sedes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> so͂o, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 13

    Que cumpre a mesma función que a abrupta conxunción inicial do incipit.

  • 14-15

    A ausencia da segmentación da copulativa en sev’e fai que nas edicións anteriores se produza unha xustaposición sintáctica destes versos; polo contrario, coa presenza da conxunción a amiga reforza o xuramento (incumprido) do amigo e insiste en que o amigo estivo alí mesmo onde agora está a amiga: ‘E, se vos digo a verdade, el estivo aquí mesmo onde eu agora estou, amiga, chorando moito e tamén xurándome que ...’.
    Do punto de vista morfolóxico, seve supón a existencia e uso das formas derivadas de sedere nos tempos de pretérito, descendentes do lat. sedui, sedueram, seduissem e seduero, por máis que no corpus das cantigas profanas só se atesten as formas sive (1106.15) e mais sevi (1493.18), seve (1489.4, 1558.1 e 13) e sevesse (628.9).

Procurar
    Não foram encontrados resultados