163 [= RM 106,19]
Que prol vos á vós, mia sennor

Que prol vos á vós, mia sennor,
de me tan muito mal fazer,
pois eu non sei al ben querer
no mundo nen ei d’al sabor?
Dizede-me, que prol vos á?
E que prol vos á de fazer
tan muito mal a quen voss’é?
Non vos á prol, per bõa fe,
e, mia sennor, se eu morrer,
dizede-me, que prol vos á?
[E] que prol vos á d’eu estar
sempre por vós en grand’afan?
E est’é mui grande, de pran!
E, pois mi o voss’amor matar,
dizede-me, que prol vos á?
E vós, lume dos ollos meus,
oir-vos-edes maldizer
por min se eu por vós morrer.
E, sennor, porl’amor de Deus,
dizede-me, que prol vos á?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


A 74, B 187

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 158-159 [= LPGP 692]); Pousada Cruz (2013: 153); Littera (2016: II, 179-180).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 76); Carter (2007 [1941]: 44-45); Marques Braga (1945: 145-146); Machado & Machado (1949: I, 286-287); Camargo et alii (1995: 61-62); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 163).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 247-248); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 150).

Variants manuscrites


1 vos] uus A   2 de me] damj B   4 nen] non B   5 me] mj B; vos] uus A   6 E] om. B; vos] uus A   8 bõa] boa A   9 morrer] moirer B   10 me] mj B; vos] uus A   11 vos] uus A   12 en] om. A   13 E est’é] este ei B   15 me] om. A : mj B; vos] uus A   16 E] om. B   17 vos] uos B : uus A   18 por min] (pʳ) pʳmj B; morrer] moirer B   19 porl’amor] pʳ amor B   20 me] mj B; vos] uus A

Variants editorials


1 vos] vus Michaëlis; á] à Pousada Cruz   5 vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   11 [E] que prol vos á d’eu] Que prol vus á de eu Michaëlis, Pousada Cruz : Que prol vos há de eu Littera   13 E est’é] e éste Littera   15 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis   19 porl’amor] por amor Littera   20 vos] vus Michaëlis 

Paràfrasi


(I) Que proveito vos ten a vós, miña señora, tratárdesme tan mal, pois eu non sei amar outra cousa no mundo nin doutra cousa teño desexo? Dicídeme, que beneficio vos ten?

(II) E que proveito vos ten tratardes tan mal a quen é voso (servidor)? Non vos ten proveito, sen dúbida, e, miña señora, se eu morrer, dicídeme, que beneficio vos ten?

(III) E que proveito vos ten que eu estea sempre por vós con gran sufrimento? E é moi grande, abofé! E, despois de me matar o voso amor, dicídeme, que beneficio vos ten?

(IV) E vós, luz dos meus ollos, ouvirédesvos maldicir por causa de min, se eu por vós morrer. E, señora, polo amor de Deus, dicídeme, que beneficio vos ten?

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C (= RM 155:20)

Encontros vocálicos: 14 mio

Notes


Text
  • 1

    A grafía à da edición de Pousada Cruz indica unha suposta crase de á coa preposición, sen considerar a posibilidade dunha omisión preposicional que, por veces, se detecta nos cancioneiros. Para a ausencia de preposición co pronome tónico en función de CI véxase nota a 5.2.

  • 11

    A restauración da copulativa inicial da estrofa (véxase nota a 42.15) é solicitada polo paralelismo construtivo dos vv. 6 e 11 e mais tamén por formar parte da serie de estrofas encadeadas copulativamente; deste modo non é necesaria a emenda michaëliana d[e] eu (acollida por Pousada Cruz) que é contraria aos usos fonométricos dos trobadores.

  • 13

    Nótese a diverxencia é vs. ei (con personalización na P1) que é relativamente frecuente na tradición manuscrita (véxase 164.16, 282.4). Cfr. nota a 86.17. Porén, en Littera non se realiza a segmentación est'é (<est e> A), propondo unha lectura éste que tamén é posíbel.

  • 18

    Enténdase por min co sentido ‘por causa de min’.

  • 19

    A grafía <rl> no encontro porlo ['polo] é máis unha mostra de hábitos gráficos conservadores, que se manifestan con máis frecuencia na prosa que na poesía. De calquera xeito, tal grafía neste encontro, reconvertido na copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional na preposición por, volve aparecer noutra pasaxe do Cancioneiro da Ajuda (véxase 263.15).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat