254 [= RM 152,11]
Que sen mesura Deus é contra mí!

Que sen mesura Deus é contra mí!
Pois que me faz sempre pesar veer,
por que me leixa no mundo viver?
Mais, pois me vejo que x’El quer assi,
quant’eu oimais no coraçon tever
negar-lo-ei, e direi-ll’al que-quer.
E quant’El sabe que me pesará,
poi-lo El faz por xe me mal fazer
e por al non, quero-vos eu dizer,
se eu poder, o que ll’end’averra:
quant’eu oimais no coraçon [tever
negar-lo-ei, e direi-ll’al que-quer].
E des oimais non pod’El saber ren
de mia fazenda senon devinnar,
pois El assi quer migo guerrejar;
mais vedes que vo-ll’eu farei por én:
quant’eu oimais no coraçon tever
[negar-lo-ei, e direi-ll’al que-quer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 146, B 269

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 294 [= LPGP 959-960]); Piccat (1995: 152); Lopes (2002: 453); Littera (2016: II, 502).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 113-114); Carter (2007 [1941]: 88); Marques Braga (1945: 275-276); Machado & Machado (1950: II, 52); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 254).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 231).

Variantes manuscritas


1 Que] ue A; mí] mī A   4 me vejo] mi uero B   5 tever] tener B   6 negar-lo-ei] negaloey B   7 quant’El] q̄uotel B; me] mi B   8 me] mi B   10 averra] a ueira B   15 pois El] Poyssel B; guerrejar] gueirar B

Variantes editoriais


1 mí] min Piccat   6 negar-lo-ei] negá-lo-ei Lopes, Littera   8 xe] x’é Piccat   9 vos] vus Michaëlis, Piccat   10 poder] puder Lopes, Littera   12 negar-lo-ei] negá-lo-ei Lopes, Littera   13 pod’El] pode El Lopes, Littera   15 guerrejar] guerreiar Lopes, Littera   17 quant’eu] quanto eu Lopes, Littera   18 negar-lo-ei] negá-lo-ei Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Que desmesurado é Deus comigo! Xa que me fai sempre sufrir, por que me deixa no mundo vivir? Mais, pois ben vexo que El así o quere, todo canto a partir de agora eu teña no corazón heino ocultar, e direille outra cousa calquera.

(II) E, porque El sabe que isto me ha pesar, xa que El o fai por me facer mal e non por outra cousa, quérovos eu dicir, se puider, o que con iso lle acontecerá: todo canto a partir de agora eu teña no corazón heino ocultar, e direille outra cousa calquera.

(III) E a partir de agora El non pode saber nada dos meus asuntos se non o adiviña, xa que El quere guerrear así comigo; e vede o que eu lle farei por iso: todo canto a partir de agora eu teña no corazón heino ocultar, e direille outra cousa calquera.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:234)

Notas


Texto
  • 1-3

    Os tres primeiros versos desta composición tamén se poderían editar como un único enunciado entre enunciativo e exclamativo, cunha frase parentética incrustada:
           Que sen mesura Deus é contra mí,
           pois que me faz sempre pesar veer,
           porque me leixa no mundo viver!
    Isto é: ‘Que desmesurado é Deus contra min porque me deixa vivir no mundo, xa que me fai sempre ver o que me causa pesar’.

  • 6

    A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Neste sentido, a lección de B indica que nos restantes casos en que aparentemente non existe asimilación talvez haxa que a supor tamén, coa pronuncia correspondente. Véxase tamén nota a 5.10. En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación; é maioritaria a representación da asimilación en A (vs. BV), moitas veces con formato arcaizante: negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, “sennor”-la chamaria A vs. “senhor” a chamaria BV (807.7), partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). Noutras ocasións, acontece á inversa: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. nota a 48.14 e 217.10.

    Por outra parte, a locución indefinida al que-quer ‘outra cousa calquera’ (véxase tamén 141.12 e 684.9) é a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16). Cfr. nota a 24.23.

  • 8

    A segmentación x’é de Piccat non ten sentido no contexto nin é gramatical.

  • 13-14

    Cfr. ca o non pod’ome saber / per min senon adevinnar, de Martin Soarez (135.13-14).

  • 15

    O verbo guerrejar, de uso limitado no corpus (véxanse tamén 1562.1, 1601.5), concorre con guerrear (véxase nota a 126.14), pola convivencia dos sufixos verbais -ear ~ -ejar (véxase Ferreiro 2001: §501, 502). Neste sentido, carece de explicación a forma *guerreiar de Lopes e Littera, pola inexistencia dun sufixo -eiar.

  • 16

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:

    e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
    moveron do porto Dovra (CSM 35.115).

    e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
    logar en que o fezesse (CSM 45.37).

    foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde ve͂era (CSM 55.72).

Procurar
    Não foram encontrados resultados