I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 863 [= LPGP 97]); Littera (2016: I, 58).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 139); Machado & Machado (1950: II, 167); Rios Milhám (2018b: III, 344).
4 en] que Michaëlis, Littera 6 nen un] nenhun Michaëlis : nẽum Littera
(I) Canto contra a miña vontade me afastei da miña señora e do meu ben, que amo máis que a ningunha outra cousa! E en mal día nacín por eu nunca poder ver, desde que non a vin, ningún pracer!
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c (= RM 160:322)
Este texto forma parte do conxunto de composicións fragmentarias ou cantigas monoestróficas de Afonso Meendez de Beesteiros (véxase nota á cantiga 340).
A cantiga non foi incluída na edición crítica do cancioneiro de Afonso Meendez de Beesteiros realizada por Marcenaro (2013).