712 [= Tav 72,16]
Que trist’oj’eu and’e faço gran razon

Que trist’oj’eu and’e faço gran razon:
foi-s’o meu amig’, e o meu coraçon,
donas, per bõa fe,
ala ést’u el é.
[E] con tan gran coita perderei o sén:
foi-s’o meu amig’, e todo [o] meu ben,
donas, per bõa fe,
[ala ést’u el é].
[P]erderei o sén, donas, ou morrerei:
foi-s’o meu amig’, e quanto ben [eu] ei,
donas, [per bõa fe,
ala ést’u el é].
Que a dur quitou de meus olhos [os] seus:
foi-s’o meu amig’, e o lume dos meus,
donas, [per bõa fe,
ala ést’u el é].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manoscritti


B 697, V 298

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 118 [= LPGP 476]); Cohen (2003: 182); Littera (2016: I, 555-556).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 121); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 375-376).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 44); Magalhães (2007: 91).

Varianti manoscritte


1 faço] fazo V   3 bõa] boa B   9 [P]erderei] E direy B : Eidirey V; morrerei] moirerey B   14 dos meus] do olhos meꝯ B : dꝯ olhos meꝯ V

Varianti editoriali


En Nunes o refrán é un único verso dodecasilábico.

5 [E] con tan] Con [a]tan Nunes, Cohen : Com [a]tam Littera   6 amig’] amigo Nunes : amig[o] Cohen; [o]] om. Nunes, Cohen, Littera   10 amig’] amigo Nunes : amig[o] Cohen, Littera; [eu]] om. Cohen, Littera   14 meus] olhos meus Nunes : |olhos| meus Cohen

Parafrasi


(I) Que triste ando eu hoxe, e con moita razón: foise o meu amigo, e o meu corazón, donas, abofé, alá está onde el está.

(II) E con tan gran coita perderei o xuízo: foise o meu amigo, e o meu corazón, donas, abofé, alá está onde el está.

(III) Perderei o xuízo, donas, ou morrerei: foise o meu amigo, e todo o ben que teño, donas, abofé, alá está onde el está.

(IV) Que a duras penas quitou dos meus ollos os seus: foise o meu amigo, e o lume dos meus, donas, abofé, alá está onde el está.

Metrica


Esquema métrico: 11a 11a 6B 6B (= Tav 37:35)

Note


Testo
  • *

    En Nunes, a conformación métrica da cantiga é diferente, cun esquema 11a 11a 12B (que aínda podería podería acadar a total isometría coa sinalefa fe,ala).

  • 5

    Neste verso semella preferíbel a reintegración da copulativa, pois é relativamente frecuente a omisión da conxunción inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc. Neste caso, e fronte a [a]tan das anteriores edicións, a copulativa inicial permite manter os acentos na 3ª e 5ª sílabas, que se manteñen fixos en toda a cantiga.

  • 6

    A presenza da forma contracta de amigo coa copulativa e en todos os versos (vv. 2, 6, 10 e 14) aconsella restaurar o artigo de meu ben, que, deste xeito, é construción paralela a o meu amigo do inicio do verso: o meu amig’ ... o meu ben

    En calquera caso, aínda que todo ben non leva en xeral artigo, pode documentarse a presenza do identicador nalgún contexto:
              Non sei oj’ome tan ben razõado
              que podesse contar todo o ben
              de Sevilha,...
    (987.16).

  • 9

    A emenda das erradas leccións dos manuscritos (perder o sén) non ofrece dúbidas, e así foi realizada por Nunes e Cohen.

  • 10

    Igual que acontece no v. 6, para mantermos a crase amig’e é preciso reintegrar o pronome eu, que se acha, por exemplo, nunha cláusula similar de Joan Fernandez d’Ardeleiro (quanto ben eu ei, 1345.8).

  • 13

    O provenzalismo a dur ‘dificilmente, a duras penas’ (tamén en 47.15, 237.8, 592.3) convive e compite coa variante de dur, que só se atesta en 215.8 e 1128.9.

  • 14

    De novo é obvio o erro de BV coa presenza de olhos (*e o lume dos olhos meus), que convertería o verso en hipermétrico, por máis que Nunes non considerarse tal circunstancia.

Cerca
    Nessun risultato trovato