I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 29-30 [= LPGP 221-222]); Nunes (1972 [1932]: 105-106); Eirín (2015: 113); Littera (2016: I, 179).
II. Outras edicións: Moura (1847: 37-38); Monaci (1875: 46); Braga (1878: 21-22); Machado & Machado (1952: III, 57); Júdice (1997: 100); Montero Santalha (2004).
15 quen algũa] q̄ue alguna B 21 foi] foys B
En Lang o v. 6 de cada estrofa forma parte do refrán, anulando, por tanto, o carácter intercalar do retrouso.
7 como [o] mi a mí] como mh a mi [o] Lang, Nunes : como mi a a mi Littera 14 como [o] mi a mí] como mh a mi [o] Lang, Nunes : como mi a a mi Littera 17 per] por Lang 18 vos] vós Lang 20 vos] vós Lang 21 como [o] mi a mí] como mh a mi [o] Lang, Nunes : como mi a mi Littera
(I) A quen vos vise moi ben, señora, cos ollos con que vos eu vin, hai diso moi pouco tempo, disporíalle Noso Señor que vivise en moi gran pesar, dispóndollo Noso Señor como mo a min foi dispor.
(II) E a quen vos ben vise con estes meus ollos, crede ben que, se antes non enlouquecese, que ben lle disporía Deus que vivise en moi gran pesar se llo dispuxese Deus así como mo a min foi dispor.
(III) E, señora, a quen algunha vez cos ollos con que vos ollei vos ollase, por todo canto eu sei, disporíalle quen así vos fixo (Deus) que vivise en moi gran pesar, dispóndollo quen vos así fixo como mo a min foi dispor.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8a 8C (= RM 156:5)
Encontros vocálicos: 7 mi‿a; 14 mi‿a; 21 mi‿a
Nótese o dobre en posición de rima e as equivalencias sinonímicas nos versos cuarto e sexto de cada estrofa (I Nostro Senhor; II Deus; III quen vos tal fez).
Probabelmente, o trobador considera diferente o senhor ‘dona’ do v. 1 e o Senhor ‘Deus’ do v. 4 (tamén no v. 6), de modo que non repite a palabra rimante (con efecto, son formas feminina e masculina, respectivamente).
Do punto de vista paleográfico é máis pertinente a recuperación da forma pronominal após como, por omisión da copia por contigüidade, cunha interpolación moi común na lingua trobadoresca; neste sentido, a opción dos editores anteriores é textualmente máis forzada, ao tempo que en Littera se deixou hipométrico o verso: a grafía <mhami> ou <mha mi> indica con clareza a sinalefa mi‿a.
Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
E quen vos ben con estes meus
olhos visse, creede ben
que, se non perdess’ant’o sén,
que ben lhi guisaria Deus ....
A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> en B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <capaton es> çapatões, <huna> ũa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Eirín non achega proposta textual para a lacuna versal dos manuscritos, cunha reconstrución altamente probábel polo paralelismo construtivo da cantiga e mais polo dobre en posición de rima nos versos cuarto e sexto das tres estrofas.