1302 [= RM 15,4]
Quer’ir a Santa Maria de Reça e, irmana, treides migo

Quer’ir a Santa Maria de Reça e, irmana, treides migo,
e verra o namorado de [mui] bon grado falar [co]migo:
quer’ir a Santa Maria de Reça,
u non fui á mui gran peça.
Se ala foss[e], irmana, ben sei que meu amig’i verria
por me veer e por falar migo, ca o non vi noutro dia:
quero ir a Santa Maria de [Reça,
u non fui á mui gran peça].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


B 1285, V 891

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 316 [= LPGP 129]); Cohena (2003: 520); Littera (2016: I, 133-134); Cohenb (2016b: 25).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 303); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 8); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 23).

Variantes manuscritas


1 irmana] irmanas BV; 2 verra] ueira B; 4 á mui gran] mays a grã B; 5 verria] veiria B; 6 ca o] calho BV

Variantes editoriales


En Nunes os vv. 1-2 de cada estrofa divídense en catro versos anisométricos.

1 Santa Maria de Reça] Santa Maria |de Reça| Cohena, Cohenb : Santa Maria Littera; irmana] irmãas Nunes : irmanas Littera   2 de [mui] bon grado falar [co]migo] de bon grado falar migo Nunes, Cohena, Cohenb, Littera   5 foss[e], irmana] foss’irmãa[s] Nunes : foss’, irmana Cohena, Cohenb, Littera   6 por] om. NunesLittera : |por| Cohena, Cohenb; o] lho Cohen, Littera   7 quero] quer’ Nunes

Paráfrasis


(I) Quero ir a Santa María de Reza e, irmá, vinde comigo, e virá o namorado de moi boa vontade falar comigo: quero ir a Santa María de Reza, a onde non fun hai moito tempo. 

(II) Se alá fose, irmá, ben sei que o meu amigo alí viría por me ver e por falar comigo, xa que non o vin o outro día: quero ir a Santa María de Reza, a onde non fun hai moito tempo.

Métrica


Esquema métrico: 17’a 17’a 10’B 7’B

Encontros vocálicos: 1 Reça‿e; 7 quero‿ir

Notas


Texto
  • *

    A edición de Nunes, que divide os versos, presenta unha dispositio en que os versos impares carecen de rima, con diferente esquema para as dúas estrofas: 10’a 7’b 7’c 7’b 10’A 7’A + 9’a 7’b 8’c 7’b 10’D 7’D.

    Pola súa parte, coas expuncións practicadas por Cohen e Littera, o esquema tamén diverxe entre as dúas estrofas: 15’a 15’a 10’B 7’B + 16’a 16’a 10’B 7’B.

  • 1

    Neste primeiro verso, de acordo co vocativo amiga do v. 5, emendamos o plural amigas (á inversa da corrección feita por Nunes –tamén posíbel–, que nivela sobre a forma plural). Cfr. nota a 1282.1.

    A forma irmana (tamén no v. 5), como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (avelana, Granadalouçanavenia etc.), sen dúbida como elemento retórico arcaizante propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b); con todo, e de modo esporádico, rexístrase noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

    Finalmente, aínda neste verso aparece treides, que, coa forma imperativa treide, constitúe un resto arcaico da conxugación do verbo trahere (trahitis, trahite), na súa forma clásica (despois substituído por *tragere > med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 679.3, 757.1, 1161.6, 1289.1 e 6, 12971 e 4, 1299.2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8. Alén da lírica profana, hai dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:

    Ai, moller, treides oge mig’ a un logar (CSM 216.23).

    E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
    hũa sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
    albergar mais adeante a hũas choças que son
    preto de nosso camỹo, e y podemos jazer» (CSM 278.24).

    Na prosa só localizamos un rexistro na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).

    Santa Maria de Reça é unha parroquia pertencente ao concello de Ourense.

  • 2

    A integración de mui e a proposta da forma reforzada [co]migo (de [mui] bon grado falar [co]migo) restaura a métrica versal, deficiente nos manuscritos. O adverbio mui é un elemento que con certa frecuencia é esquecido no proceso de copia, como mostran algunhas pasaxes en que os testemuños son diverxentes (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3). Por outra banda, a vacilación na copia de migo ~ comigo está presente nos apógrafos italianos (véxase 701.3 comigo <migo> B, <\co/migo> V). Repárese, ademais, en que esta emenda evita a repetición da palabra rimante (cfr. migo, v. 1).

  • 6

    A corrección de <lho> realizada por Nunes, coa emenda para o, ten todo o sentido pola inexistencia dun complemento indirecto no período que esixise a presenza de lhe. Nótese que o común erro de BV lembra outros similares en ambos os cancioneiros: i <hy> B, <lhy> V (943.4);  <lhi> B, <hi> V (958.10).

  • 7

    Repárese na variante no refrán no relativo á quer’ir, que nesta ocorrencia presenta a forma plena quero ir, con sinalefa. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Sin resultados