80 [= RM 78,21]
Quero-vos eu ora rogar

Quero-vos eu ora rogar
por Deus, que vos fez, mia sennor:
non catedes o desamor
que m’avedes nen o pesar
que vos eu faço en vos querer
ben, e devede-l’a sofrer
por Deus e por me non matar,
ca nunca vos eu rogarei
por outra ren mentr’eu viver,
senon que vos jaç’en prazer,
por Deus, sennor, esto, que sei
que vos agora é pesar,
ca vos pesa de vos amar,
e eu non posso end’al fazer,
ca, se eu ouvesse poder
de qual dona quisess’amar,
atal sennor fora fillar
onde cuidasse ben aver;
mais de vós nunca o cuidei
aver, sennor, mais ave-l’-ei,
mentr’eu viver, a desejar.
E sabedes: des que vos vi,
mia sennor, sempr’eu desejei
o vosso ben e vos neguei
meu cor dest’e vo-l’encobri;
mais agora ja per morrer,
se vos pesa, ou per viver,
se vos prouguer, vo-lo direi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


A 14, B 107

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 33-34 [= LPGP 521]); Littera (2016: I, 628-629).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 38-39); Carter (2007 [1941]: 9-10); Marques Braga (1945: 33-34); Machado & Machado (1949: I, 148-149); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 80); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 66-67). 
III. Antoloxías: Torres (1977: 494-495); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 112); Diogo (1998: 32-33).

Manuscript variants


1 vos] uus A   2 vos] uus A   4 m’avedes] mhauedes B; o] oo B   5 vos] uus A; faço en] fac en B; vos] uus A   6 -l’a] lo B   8 vos] uos A   10 vos] uus A; jaç’en] caya en B; prazer] praçer A   12 vos] uus A   13 vos] uus A; vos] uus A   14 e eu non posso end’al] ca eu nō possendal B   15 se eu] seu B; ouvesse] ouvess{e} A : ouuesso B   18 onde] ōn B   20 ave-l’-ei] aueloey B   21 viver] ueer B   22 vos] uus A   24 ben] be B; vos] uus A   25 vo-l’] uolo B; encobri] encobrir AB   26 per] por B   27 pesa] (ꝓu) pesa B

Editorial variants


1 vos] vus Michaëlis   2 vos] vus Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis; faço en] faç(o) en Michaëlis : faç’em Littera; vos] vus Michaëlis   6 devede-l’a sofrer] devede-lo sofrer Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis; vos] vus Michaëlis   14 posso] poss(o) Michaëlis : poss’ Littera   15 ouvesse] ouvess’o Littera   22 vos] vus Michaëlis   24 vos] vus Michaëlis   26 per] por Michaëlis, Littera   27 vos] vus Michaëlis; per] por Michaëlis, Littera   28 vos] vus Michaëlis

Paraphrase


(I) Quérovos eu agora rogar por Deus, que vos fixo, miña señora: non reparedes no desamor que me tendes nin no pesar que eu vos fago por vos amar, e debédelo de soportar, por Deus e por non me matar, (II) pois nunca vos eu rogarei por outra cousa mentres eu viva, salvo que vos resulte grato, por Deus, señora, isto que sei que agora vos causa pesar, porque vos pesa que eu vos ame, e eu non podo nese asunto facer outra cousa, (III) porque se eu tivese o poder de amar a muller que eu quixese, iría escoller unha dona tal de quen pensase recibir ben; mais de vós nunca o pensei recibir, señora, mais tereino, mentres eu viva, que desexar. 

(IV) E sabede unha cousa: desde que vos vin, miña señora, sempre eu desexei o voso ben e vos ocultei o meu sentimento sobre isto e volo encubrín; mais agora xa por morrer, se vos pesa, ou por vivir, se vos prouguer, volo direi.

Metrics


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (I [= RM 161:259]) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (II-IV [= RM 163:39])

Encontros vocálicos: 5 façoen

Notes


Text
  • *

    Na edición de Michaëlis (e de Littera) todas as estrofas aparecen sintacticamente isoladas. Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 6

    A variante de B mostra a vacilación na construción das perífrases obrigativas con dever, que podían aparecer sen preposición a (devede-l’a sofrer vs. devede-lo sofrer). Neste caso, A opta pola forma maioritaria, rexeitada nesta pasaxe por Michaëlis, que recorre á lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Véxase nota a 146.29.

  • 10

    Nótese tamén a variante de B (caer en prazer) para jazer en prazer (véxase nota a 56.15).

    As formas regulares jaço, jaça, presente de indicativo e de subxuntivo de jazer (< iacēre) son as ofrecidas polo Cancioneiro da Ajuda (80.10, 130.1 –<iazco> B–, 174.4 –<iasco> B–,  346.7), fronte ás formas jasco e jasca e demais formas do presente subxuntivo –anómalas a partir do lat. iacĕo e iacĕam, respectivamente–, propias dos apógrafos italianos (14.32, 1605.10 e 13, 1606.21)1 .

    En A, por outra parte, é de salientar a forma gráfica <praçer> prazer (e tamén <façen> fazen en 386.6), nun ámbito fonolóxico –as sibilantes– onde se detectan grafías diversas e algúns lapsos, probabelmente sen transcendencia fonolóxica. Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 88.15 e 89.2.

  • 11

    O texto permitiría interpretar que a invocación presente neste verso sexa por Deus Sennor (véxase no corpus este sintagma en 286.1, 500.5); mais a presenza do vocativo sennor dirixido á dona nas outras estrofas (véxase vv. 2, 20 e 23) aconsella fixar tamén nesta segunda estrofa esta mesma invocación á sennor.

  • 14

    Obsérvese a alternancia entre a copulativa e en A e a causal ca (ou que) en B, presente tamén noutras pasaxes (94.22, 140.28, 317.15). Porén, tamén se rexistra a alternancia contraria (véxase nota a 64.15).

  • 15-16

    A corrección en A indica a preferencia, neste caso, por aver poder, que convive con aver o poder ao longo do corpus (cfr. se d’al ouvesse poder, 24.11; logo vos soube tan gran ben querer / que non coidei que ouvesse poder, 300.3). Nótese, ademais, o hipérbato nestes versos: ‘se eu ouvesse poder de amar qual dona quisesse’. Cfr. nota a 88.4.

  • 18

    A interpretación da abreviatura <ōn> é onde (tamén en 32.10-11 e 87.21, do mesmo copista), o mesmo que <ēn> é ende (59.16 e 71.23 do mesmo copista c do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, e 482.29 e mais 483.16, do copista b). Ambas as formas abreviadas son case exclusivas de B.

  • 22

    O uso explicativo de sabedes faino perfectamente equivalente a unha forma de imperativo, tal como volve aparecer no íncipit da cantiga 649.

  • 25

    Neste verso rexístrase, máis unha vez, o provenzalismo cor, que compite con coraçon na lingua das cantigas.
    A rima con vi (v. 22) e o necesario paralelismo con desejei (v. 23) e neguei (v. 24) esixen a emenda da lección <encobrir> dos manuscritos (este erro, común a AB, debía estar xa nun antecedente común, pois non parece polixenético).

  1. ^

    Se cadra son produto da analoxía cos verbos incoativos e similares (cfr., por exemplo, conhosco vs. conhoces).

Search
    No results