I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 187-188 [= LPGP 558]); Cohen (2003: 263); Fregonese (2007: 127); Littera (2016: II, 17-18)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 144); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 94-95).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 97).
1 vos] uos BV 3 me vos] me9 B 4 desden] desem B 7 façades] facad’s B 8 sofrede] ffofd’ B : nos de V; no] nō V; coraçon] coracom BV 9 vos] uos BV 10 de a sofrerdes faredes razon] de a nofrerđs fare des rraçō V 13 vós] uꝯ BV; tan] cā B 15 a[ve]r] ai BV 16 sofredor] sofd’or B
2 amig’] amigo Fregonese 6 que[i]xará] quexará Cohen, Littera 8 sofrede a sanha] sofred’a sanha Nunes 12 queixará] quexará Cohen, Littera 15 a[ve]r] a[ver] Cohen 18 queixará] quexará Cohen, Littera
(I) Quérovos agora aconsellar moi ben, ai meu amigo, así me veña ben: se vedes que me quero asañar contra vós, non desconsideredes a miña ira, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará.
(II) Se me eu asañar, non fagades nada e sufride a miña ira no corazón, xa que vos eu podo facer ben e mal: obraredes moi ben se a sufrirdes, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará.
(III) E xa que eu teño sobre vós tan gran poder, e tereino mentres viva, non poderedes conseguir ben de ningún modo se non sufrides a miña ira, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:20)
Encontros vocálicos: 8 sofrede‿a
Nótese como o íncipit desta cantiga foi utilizado tamén por Afonso X na cantiga 487, de teor escarniño.
As formas como le[i]xar e que[i]xar (e derivados), con aparente absorción fonética da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6; 371.27; 637.1, 726.1, 1319.3, 7 e 14; 1547.20), e semellan produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV lexedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30); <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7); <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).
Cohen, contrariamente á forma que[i]xa que estabeleceu en 726.1, neste caso mantivo a lección dos manuscritos, igual que acontece coa edición de Littera.
A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, común aos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A vs. <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8 etc.; e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).