152 [= RM 11,12]
Quisera-m’ir, tal consello prendi

Quisera-m’ir, tal consello prendi,
e fui coitad’e tornei-me por én,
e tod’ome que me consellar ben
consellar-m’-á que more sempr’aqui;
por un dia que mia sennor non vi,
d’atant’ouver’a morrer con pesar:
quen me quiser venna-m’aqui buscar.
Tod’ome que souber meu coraçon
nulla culpa non me dev’a põer
por eu morar u podesse veer
a mia sennor por que moiro, ca non
m’ei a partir d’aqui nulla sazon
aguardando que lle possa falar:
quen me quiser venna-m’aqui buscar.
Nostro Sennor, e quen me cousirá
d’aqui morar? Ca ja ir-me cuidei
e fui coitado como vos direi:
que nunca ja tan coitado sera
ome no mund’, e máis vos direi ja:
d’outra tal coita me quer’eu guardar,
quen me quiser venna-m’aqui buscar.
Deu-lo sabe, que me quisera ir
de coraçon morar a cas d’el-rei,
mais direi-vos por que o leixei:
por Amor, que mi-o non quis consentir;
e, pois Amor non me leixa partir
da mia sennor nen daqueste logar,
quen m[e] q[uiser] v[enna]-m’[aqui] b[uscar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 64, B 176

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 137-138); Minervini (1974: 33 [= LPGP 113-114]); Littera (2016: I, 107-108).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 72); Carter (2007 [1941]: 40); Marques Braga (1945: 130-131); Machado & Machado (1949: I, 268-269); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 152).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 26-27).

Variantes manuscrites


2 fui] foy B   4 -m’-á] mha B   6 atant’ouver’a morrer con] atan couuera moirer cou B   8 coraçon] coraçou B   9 nulla] nulla B; me dev’a põer] mj deua poer B   11 sennor] semhʳ B   12 nulla] uulha B   13 lle] lhi B   17 fui] foy B   19 mund’] mūdo B   20 guardar] guadar A   24 por] o pʳ B   27 logar] loguar B

Variantes éditoriales


2 fui] foy Minervini   4 consellar-m’-á] mh-á Minervini : conselhar-mi-á Littera   9 me dev’a põer] mi dev’apõer Minervini   13 lle] lhi Minervini   17 fui] foy Minervini; vos] vus Michaëlis, Minervini   19 mund’] mundo Minervini; vos] vus Michaëlis, Minervini   24 -vos por] -vus [o] por Michaëlis : vus o por Minervini   27 logar] loguar Minervini

Paraphrase


(I) Quixérame ir, tal decisión tomei, e fiquei coitado e por iso tornei, e todo aquel que me aconselle ben hame aconsellar que more sempre aquí; por un día que non vin a miña señora, por tanto houben morrer de pesar: quen me quixer véñame aquí buscar.

(II) Todo aquel que coñeza os meus sentimentos non me debe atribuír culpa ningunha por eu morar onde poida ver a miña señora por quen morro, pois non me hei ir de aquí nunca, esperando a lle poder falar: quen me quixer véñame aquí buscar.

(III) Noso Señor, e quen me censurará por vivir aquí? Porque xa pensei en me ir e fiquei coitado como vos direi: que nunca xamais tan coitado será ninguén no mundo, e direivos máis: doutra coita tal me quero eu gardar, quen me quixer, véñame aquí buscar.

(IV) Deus sabe que me quixera ir de boa vontade morar á corte, mais direivos por que deixei de o facer: por Amor, que mo non quixo consentir; e, xa que Amor non me deixa afastarme da miña señora nin deste lugar, quen me quixer véñame aquí buscar.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10a 10c 10C (= RM 139:1)

Encontros vocálicos: 24 ma·is; 25 mi-‿o

Notes


Texte
  • 9

    Para alén da grafía dos manuscritos (<deu a põer> A, <deua poer> B), é constante no corpus o uso de poer ~ põer na frase verbal poer culpa, razón pola cal se debe segmentar de modo que transpareza a perífrase dever + a + infinitivo. Véxase nota a 53.9.

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de B para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 24

    A lección de A é perfectamente válida se consideramos bisilábico mais (véxase nota a 12.8), sen ser necesaria a introdución do artigo de B para asegurar a medida do verso. Aliás, non se rexistra o artigo en contextos similares: e direi-vos por que mi aven (72.18), e direi-vos por que o dig’assi (131.3), e aquesto direi-vos por que [é] (516.10), e direi-vos por que o ei (908.4).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé