602 [= RM 25,102]
Quisera vosco falar de grado

Quisera vosco falar de grado,
ai meu amig’e meu namorado;
mais non ous’oj’eu convosc’a falar,
ca ei mui gran medo do irado:
irad’aja Deus quen me lhi foi dar!
En cuidados de mil guisas travo
por vos dizer o con que m’agravo;
mais non ous’oj’eu convosc’a falar,
ca ei mui gran medo do mal bravo:
mal brav’aja Deus quen me lhi foi dar!
Gran pesar ei, amigo, sofrudo
por vos dizer meu mal ascondudo;
mais non ous’oj’eu convosc’a falar,
ca ei mui gran medo do sanhudo:
sanhud’aja Deus quen me lhi foi dar!
Senhor do meu coraçon, cativo
sodes en eu viver con que vivo;
mais non ous’oj’eu convosc’a falar,
ca ei mui gran medo do esquivo:
esquiv’aja Deus quen me lhi foi dar!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 585, V 188

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 88); Nunes (1973 [1928]: 37-38); Lorenzo Gradín (1991: 125-126 [= LPGP 224-225]); Cohen (2003: 621); Littera (2016: I, 231-232); Fassanelli (2021: 72).
II. Outras edicións: Moura (1847: 168-169); Monaci (1875: 75); Braga (1878: 38); Machado & Machado (1952: III, 219); Júdice (1997: 45); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 3-4); Nunes (1932: 22-23); Pimpão (1942: 70); Torres (1977: 257); Gonçalves & Ramos (1983: 296); Dobarro Paz et alii (1987: 50); Alvar & Beltrán (1989: 378-379); Ferreira (1991: 111-112); Jensen (1992: 92); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 41); Diogo (1998: 188); Arias Freixedo (2003: 392-393); Fidalgo (2009a: 144); Corral Díaz & Vieira (2023: 153).

Manuscript variants


7 vos] uos BV   14 gran] g̃ra B    16 coraçon] coracō B   17 en eu viver] emeu uiuer BV   19 gran] g̃ra B

Editorial variants


En Nunes non se indica tipograficamente a existencia de refrán (intercalar).

6 cuidados] cuydadus Lorenzo Gradín   7 por] per Lorenzo Gradín; vos] vós Lang   12 por] per Lorenzo Gradín; vos] vós Lang   17 que] que[n] CohenFassanelli

Paraphrase


(I) De bo grado quixera falar convosco, ai meu amigo e meu namorado; mais hoxe non ouso eu falar convosco, porque teño moito medo do irado: irado teña a Deus quen me entregou a el.

(II) Véxome en moitas situacións de risco para vos dicir a causa das miñas queixas; mais hoxe non ouso eu falar convosco, porque teño moito medo do moi bravo (de carácter): moi bravo teña a Deus quen me entregou a el.

(III) Teño sufrido un gran pesar, amigo, por vos falar do meu mal que manteño oculto; mais hoxe non ouso eu falar convosco, porque teño moito medo do sañudo: sanhudo teña a Deus quen me entregou a el.

(IV) Señor do meu corazón, sodes desventurado por eu vivir con quen vivo; mais hoxe non ouso eu falar convosco, porque teño moito medo do esquivo: esquivo teña a Deus quen me entregou a el.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 9’a 9’a 10B 9’a 10B (= RM 33:10)

Notes


Text
  • *

    Se ben hai outras cantigas no corpus que tratan o motivo do casamento da senhor amada con outro (cfr. cantigas 118, 120, 121, 417, 499, 900, 1104), este sería o único caso en que unha cantiga de amigo se hibrida coa modalidade poética francesa da chanson de malmariée ou canción de malcasada. A muller refírese ao marido con denominacións alusivas ao seu carácter violento, algo radicalmente oposto ao ideal da cortesía.

  • 3

    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 167.11, 293.5, 373.6, 448.8, 553.1 e 11, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

  • 5

    O segundo verso do refrán, cun recurso único no corpus trobadoresco, recolle como palabra inicial a derradeira do verso anterior (irado, mal bravo, sanhudo, esquivo), de modo que varía en todas as estrofas pola antecitada repetición.

  • 16

    A fórmula senhor do meu coraçon, nesta cantiga (e mais en 798.10) aplicada ao amigo, aparece ao longo do corpus trobadoresco sempre aplicada á dona (véxase 264.5, 295.3, 511.22, 909.2).

  • 17

    Lémbrese que o relativo que ten tamén o valor de ‘quen’ na lingua medieval; é, pois, desnecesaria a emenda de Cohen.

Search
    No results