734 [= RM 101,10]
Q[u]iso-m’oj’un cavaleiro dizer

Q[u]iso-m’oj’un cavaleiro dizer,
amigas, ca me queria gran ben,
e defendi-lho eu, e ũa ren
sei per quant’eu i del pud’aprender:
tornou mui trist’, e eu ben lh’entendi
que lhi pesou porque lho defendi.
Quis-m’el dizer, assi Deus mi perdon,
o ben que mi quer a mui gran pavor,
e quiso-me logo chamar «senhor»,
e defendi-lho eu, e el enton
tornou [mui trist’, e eu ben lh’entendi
que lhi pesou porque lho defendi].
Falava mig’e quiso-me falar
no mui gran ben que m’el diz ca mi quer,
e dixi-lh’eu que non lh’era mester
de falar i, e el con gran pesar
tornou [mui trist’, e eu ben lh’entendi
que lhi pesou porque lho defendi].
E tenho que desmesura fiz i
porque lh’end’algũa ren non tornei i.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 719, V 320

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 140-141 [= LPGP 670-671]); Cohen (2003: 206); Littera (2016: II, 156-157).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 127-128); Braga (1878: 61); Machado & Machado (1953: IV, 13-14).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 171); Souto Cabo (2017: 178).

Variantes manuscrites


1 -m’oj’un] mouin V   6 pesou] persou V   19 tenho] tēho B : tħo V   20 tornei] toruey B

Paraphrase


(I) Un cabaleiro quíxome dicir hoxe, amigas, que me amaba, e prohibinllo eu, e estou certa dunha cousa polo que del puiden percibir: tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.

(II) Quíxome el dicir, así Deus me perdoe, con moito medo o moito que me ama, e quíxome logo chamar «señora», e eu prohibinllo e el entón tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.

(III) Falaba comigo e quíxome falar do moito que el me di que me ama, e eu díxenlle que non lle valía de nada falar diso, e el con gran pesar tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.

(1) E coido que niso obrei con desmesura porque non lle correspondín en nada.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:179)

Encontros vocálicos: 20 torneii

Notes


Texte
  • 19-20

    Repárese na repetición do elemento rimante na fiinda (o adverbio i), situación anómala na métrica trobadoresca, aínda que pode ser comparábel coa reiteración de rimantes nalgúns refráns, nomeadamente nas cantigas de Joan Garcia de Guilhade. Véxase nota a 14.48-50.

  • 20

    A necesaria sinalefa torneii lembra dúas crases de secuencias similares que se rexistran no corpus da lírica profana, cales va’i nunha cantiga de Cogominho (323.18) e de’i nunha composición de Lopo Lias (1336.12).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé