354 [= RM 44,9]
Sazon sei ora, fremosa mia sennor

Sazon sei ora, fremosa mia sennor,
que eu avia de viver gran sabor;
mais sõo por vós tan coitado d’amor
que me faz ora mia morte desejar.
Pois neun doo non avedes de min,
sennor fremosa, grave dia vos vi,
ca soo por vós tan coitado des i
que me faz ora mia morte desejar.
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


A 218, B 385

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 421 [= LPGP 306-307]); Littera (2016: I, 333); Bruno (2022: 88-89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 141); Carter (2007 [1941]: 127-128); Machado & Machado (1950: II, 171); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 354).

Variantes manuscritas


2 eu] en B   3 sõo por] soo per B   4 me] mi B   5 neun] nē hū B   7 soo] son B   8 me] mi B

Variantes editoriais


5 neun ... min] neun ... mi Michaëlis : nẽum ... mi Littera   6 vos] vus Michaëlis   7 soo] sõo Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) Lembro agora un tempo, miña señora fermosa, en que eu tiña gran pracer de vivir; mais estou por vós tan coitado de amor que me fai agora desexar a miña morte.

(II) Xa que non tendes dó ningún de min, señora fermosa, en mal día vos vin, porque estou por vós tan coitado desde entón que me fai agora desexar a miña morte.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 11a 11a 11a 11B (= RM 11:1)

Notas


Texto
  • 5

    No Cancioneiro da Ajuda niun é a forma xeral para o indefinido, mais tamén se rexistra neun (fem. neũa); en todos os casos, cando existe copia en BV, a forma nos cancioneiros italianos é nen un (<nen hun ~ nē hū ~ nē hūu...>), agás en 132.1 (<niun> A, <neum> B). De calquera xeito, en textos transmitidos en BV tamén se rexistra a forma feminina neũa en 1267.r1 e 1319.11, xunto coa forma neũu de V en 1007.22).

  • 7

    A forma <son> de B (vs. soo de A) faría hipométrico o verso, pois, en xeral as formas sõo e soo (do lat. sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas. Cfr. nota a 10.25.

Procurar
    Não foram encontrados resultados