182 [= RM 125,46]
Se Deus me valla, mia sennor

Se Deus me valla, mia sennor,
de grado querria seer
sandeu por quant’ouço dizer
que o sandeu non sabe ren
d’amor nen que x’é mal nen ben
nen sabe sa morte temer:
por én querria ‘nsandecer
e por non sofrer a maior
coita das que Deus quis fazer,
que lla eu sempr’ei a sofrer
por vós; e rog’a Deus por én
que me faça perder o sén
e pavor que ei de morrer
ou me non leixe máis viver.
E Deus non me leixe viver
se eu a ‘nsandecer non ei,
ca, se viver, sempr’averei
coita d’amor, direi-vos qual:
gran coita se me Deus non val,
e, se for sandeu, perderei
a gran coita que d’amor ei,
ca des quand’eu ensandecer,
se verdade dizen, ben sei
ca nunca pesar prenderei
nen gran coita d’amor nen d’al,
nen saberei que x’éste mal,
nen mia morte non temerei:
Deus, e quand’ensandecerei?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 92, B 196

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 194-195); Blasco (1984: 113-114 [= LPGP 835-836]); Marcenaro (2012b: 186-187); Littera (2016: II, 347).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 84); Carter (2007 [1941]: 55-56); Marques Braga (1945: 177-178); Machado & Machado (1949: I, 320-321); Fernández Pousa (1953: 11-12); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 182).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 96-97).

Variantes manuscrites


1 me] mj B   2 querria] queiria B   3 ouço] oço B   5 nen ben] nⁱen ben B   7 querria ‘nsandecer] queirian sandecer B   8 e por non sofrer a maior] Eporen uiuo na mayor B   10 que lla] qual la A   12 me] mj B   13 morrer] moirer B   16 a ‘nsandecer] enssandecer B   19 me] mj B   23 verdade] u'dad A   26 x’éste] xest{e} A : xest B   28 Deus, e] des B

Variantes éditoriales


10 que lha] qual [l]h’a Michaëlis : qual la Blasco : Littera : qual-lá Marcenaro   13 e] e o Marcenaro   17 sempr’] sempr(e) Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis, Blasco   26 x’éste] x’é ‘ste Michaëlis : x’ est’ é Marcenaro

Paraphrase


(I) Así Deus me valla, miña señora, ben querería tolear, porque escoito dicir que o tolo non sabe nada de amor nin do que é mal nin ben, nin sabe temer a súa morte: por iso querería tolear (II) e mais por non sufrir a coita máis grande das que Deus quixo facer, que lla teño que sufrir eu sempre por vós; e rogo a Deus por iso para que me faga perder a cordura e o medo que teño de morrer ou que me non deixe vivir máis.

(III) E que Deus non me deixe vivir se eu non hei de tolear, pois, se vivo, sempre terei coita de amor, direivos cal: gran coita, se Deus non me auxilia, e, se toleo, perderei a gran coita de amor que teño, (IV) pois, des que eu tolee, se verdade din, ben sei que nunca sentirei pesar nin gran coita de amor nin de cousa ningunha, nin coñecerei que é o mal, nin temerei a miña morte: ai Deus, e cando tolearei?

Métrique


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8b 8b (= RM 194:1)

Notes


Texte
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha leve ruptura simétrica coa copulativa (tal como propón Marcenaro) véxase nota á cantiga 24. Porén, nas edicións anteriores o texto é presentado con independencia sintáctica en todas as estrofas (Littera), ou con ligazón interestrófica parcial en Michaëlis e Blasco (estrofas I-II).

  • 1

    Esta cantiga comparte incipit e inicio do texto con outra cantiga de Vaasco Fernandez Praga de Sandin:
              Se Deus me valla, mia senhor,
              de grado querria saber (71.1-2).

  • 7

    O verbo ensandecer presenta elisión da vogal inicial e- (tamén no v. 16), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11); endurar: coita ‘ndurar (195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 10

    Acollemos a transparente lección de B (<q̄lha>) no convencemento da posibilidade dun erro en A a partir dun hipotética secuencia <quella> convertida agora en <qual la>. En calquera caso, a posibilidade qual lá (Marcenaro) achega un adverbio (locativo) de difícil xustificación no contexto, mentres que unha forma pronominal la (Blasco, Littera) neste contexto é lingüisticamente imposíbel; a lección de Michaëlis supón, finalmente, un híbrido entre os dous manuscritos, tamén de difícil xustificación.

  • 16

    A lección subministrada por B implica a perífrase aver + infinitivo sen preposición a. Cfr. notas a 55.17 e 60.14.

  • 26

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo (nótese a corrección de A), con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.471.6, 89.27, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).

  • 28

    A lección de B (des quand’ensandecerei ‘desde que perda a razón’) tamén fai sentido, mais parece unha trivialización.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé