350 [= RM 157,52]
Se ei coita, muito a nego ben

Se ei coita, muito a nego ben,
pero que m’ei a do mundo maior
por vós; mais ei de vós tan gran pavor
que vos direi, mia sennor, que mi aven:
ei gran coita; demais, ei a jurar
que non ei coit’a quen me én preguntar.
A vós non ous’a gran coita dizer
que ei por vós eno meu coraçon,
e, con pavor, assi Deus me perdon,
que ei, sennor, de vos pesar fazer,
ei gran coita; demais, ei a jurar
[que non ei coit’a quen me én preguntar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


A 214

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 417 [= LPGP 307]); Littera (2016: I, 330-331); Bruno (2022: 60-61).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 125-126); Machado & Machado (1960: VII, 31); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 350).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 66).

Variantes manuscrites


4 vos] uus A

Variantes éditoriales


4 vos] vus Michaëlis   6 me] m(e) Michaëlis : m' Littera   10 vos] vus Michaëlis   12 me] m(e) Michaëlis : m' Littera

Paraphrase


(I) Se teño coita, ocúltoa moi ben, aínda que sufro a maior do mundo por vós; mais de vós teño tan gran pavor que vos direi, miña señora, o que me acontece: teño gran coita; e, por riba, teño que xurar que non teño coita a quen me pregunte por iso.

(II) A vós non ouso dicirvos a gran coita que teño por vós no meu corazón, e, co pavor que teño, así Deus me perdoe, señora, de vos causar pesar, teño gran coita; e, por riba, teño que xurar que non teño coita a quen me pregunte por iso.

Métrique


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:247)

Encontros vocálicos: 4 miaven; 6 meén; 12 meén

Notes


Texte
  • 6

    A secuencia me én (ou me en), con sinalefa, é certamente minoritaria verbo da crase fonética dos dous elementos. Porén, no corpus atéstase esta mesma secuencia dun modo esporádico (73.2, 165.7, 875.12, 941.2).

  • 7-8

    Téñase en conta a recta secuencia sintáctica destes dous versos: «Non ous(o) dizer a vós a gran coita / que ei por vós eno meu coraçon».

Rechercher
    Aucun résultat trouvé