739 [= RM 36,4]
Se eu a meu amigo dissesse

Se eu a meu amigo dissesse
quant’eu ja por el quisera fazer
ũa vez quando m’el veo veer,
des que end’el verdade soubesse
non averia queixume de mí
com’oj’el á nen s’iria d’aqui.
E, se soubesse quan sen meu grado
non fiz por el quant’eu quisera enton
fazer, amiga, se Deus mi perdon,
per com’eu cuid’, e cuid’aguisado,
non averia queixume [de mí
com’oj’el á nen s’iria d’aqui].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 724, V 325

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 145 [= LPGP 275]); Cohen (2003: 212); Littera (2016: I, 292).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 129); Braga (1878: 62); Machado & Machado (1953: IV, 20).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 93).

Variantes manuscritas


2-3 fazer / ũa] fazer / (fazer) hunha B

Variantes editoriais


3 veo] vẽo Cohen   8 quisera] quiser’ Nunes

Paráfrase


(I) Se eu lle dixese ao meu amigo todo canto eu querería facer por el unha vez cando el me veu ver, desde que soubese a verdade sobre isto non tería queixa de min como hoxe el ten nin se iría de aquí.

(II) E se soubese até que punto contra o meu desexo non fixen por el canto eu quixera facer nese momento, amiga, así Deus me perdoe, polo que eu penso, e penso acertadamente, non tería queixa de min como hoxe el ten nin se iría de aquí.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (= RM 160:288)

Encontros vocálicos: 8 quiseraenton

Procurar
    Não foram encontrados resultados