982 [= RM 120,46]
Se eu podesse desamar

Se eu podesse desamar
a que me sempre desamou,
e podess’algun mal buscar
a quen me sempre mal buscou,
assi me vingaria eu
se eu podesse coita dar
a quen me sempre coita deu.
Mais sol non poss’eu enganar
meu coraçon, que m’enganou,
por quanto me fez desejar
a quen me nunca desejou;
e por esto non dórmio eu,
porque non posso coita dar
a quen me sempre coita deu.
Mais rog’a Deus que desampar
a quen m’assi desamparou,
vel que podess’eu destorvar
a quen me sempre destorvou,
e logo dormiria eu
se eu podesse coita dar
a quen me sempre coita deu.
Vel que ousass’én preguntar,
a quen me nunca preguntou,
por que me fez en sí cuidar,
pois ela nunca en mí cuidou;
e por esto lazeiro eu,
porque non poss’eu coita dar
a quen me sempre coita deu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 289, B 980, V 567

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 579-580); Panunzio (1992 [1967]: 82-84 [= LPGP 788-789]); Littera (2016: II, 286-287).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 203); Braga (1878: 108-109); Carter (2007 [1941]: 169-170); Machado & Machado (1953: IV, 360-361); Fernández Pousa (1956: 809-810); Juárez Blanquer (1988: 93-94); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 144-145); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 41); Tavares (1943 [1923]: 35); De las Casas (1928: 32-33); Seoane (1941: 41-42); Nemésio (1961 [1949]: 65-66); Piccolo (1951: 145-146); Bernárdez (1952: 86-88); Oliveira & Machado (1959: 39-40); Tavares (1961: 27-28); Torres (1977: 388); Fiúza (1981: 128-130); Gonçalves & Ramos (1983: 188); Deluy (1987: 285-286); Dobarro Paz et alii (1987: 26); Ferreira (1988: 56-57); Pena (1990: 28-29); Sansone (1990: 148-150); Ferreira (1991: 49-50); Jensen (1992: 284-286); Alonso Girgado (1992: 48); Pena (1993: 110-111); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 97); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 179); Diogo (1998: 68); Morán (1999: 57-58); [Morán] (2001: 66-67); Arias Freixedo (2003: 712-713); Fidalgo (2009: 84); Mongelli (2009: 19); Souto Cabo (2017: 107); Gutiérrez (2023: 103).

Variantes manuscritas


1 Se] e A; desamar] desamorr V   2 que] queu BV   4 me] mj B : mi V   7 quen] que V; me] mj B : a mi V   8 sol] om. A; poss’eu] posso eu B : posso en V   9 que m’enganou] qm̄ enganou V   10 me fez] mi faz BV   12 e] et A; esto] este V; dórmio eu] dormeu BV   13 posso] posseu BV   15 desampar] desenpar B : desen par V   16 m’assi desamparou] mhassy desemparadou B : mha ssy desenpereu V   17 vel] ou B : on V; destorvar] estornar BV   18 quen] que B : q̅ V; destorvou] destornou V   19 dormiria] dormiu V; eu] dar B : da V   22 Vel] Ael B : A el V; ousass’én] ousas en A : ousassen B : ousasseu V   23 quen] que B; preguntou] p̄gunton V   24 fez] faz BV; cuidar] mydar V   25 mí] mj̄ B : mī V   26 lazeiro] lazero B : lasero V; eu] en V

Variantes editoriales


2 que] que[n] Michaëlis : quen Panunzio   4 me] mi Panunzio   6 podesse] pudesse Littera   7 me] mi Panunzio   8 sol] [sol] Michaëlis; poss’] posso Panunzio   10 por] per Panunzio; me fez] mi faz Panunzio : mi fez Littera   12 por] per Panunzio; dórmio] dôrmio Michaëlis   13 posso] poss’eu Panunzio, Littera   14 me] mi Panunzio   16 m’] mh’ Panunzio   17 vel] ou Panunzio, Littera   21 me] mi Panunzio   24 por] per Panunzio   25 nunca] nunc’ Michaëlis; mí] min Panunzio   26 lazeiro] lazero Panunzio   27 poss’eu] posso Michaëlis, Littera   28 me] mi Panunzio

Paráfrasis


(I) Se eu puidese desamar a quen sempre me desamou, e puidese algún mal buscar a quen sempre me procurou mal, así me vingaría eu se eu puidese dar coita a quen sempre coita me deu.
(II) Mais non podo eu enganar o meu corazón, que me enganou, por canto me fixo desexar a quen nunca me desexou; e por isto non durmo eu, porque non podo dar coita a quen sempre coita me deu.
(III) Mais rogo a Deus que desampare a quen así me desamparou, ou que eu puidese perturbar a quen sempre me perturbou, e logo durmiría eu se eu puidese dar coita a quen sempre coita me deu
(IV) Ou que me atrevese a preguntar, a quen nunca me preguntou, por que me fixo nela pensar xa que ela nunca pensou en min; e por isto sufro eu, porque non podo dar coita a quen sempre coita me deu.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8A 8C (= RM 97:2)

Encontros vocálicos: 12 dór·mi͜o; 25 nunca‿en

Notas


Texto
  • *

    Esta composición caracterízase pola presenza combinada de diversos artificios métricos: para alén de ser organizada a través das rimas derivativas, estas non alcanzan ao v. 4º, que repite sempre a mesma palabra rimante (eu), ao tempo que o refrán presenta alternancia no seu primeiro verso: se eu podesse coita dar (estr. I, III) vs. porque non posso coita dar (estr. II, IV).

  • 2

    A variante de BV (<queu> = <quen>), igual que a variante <que> de B no v. 23 inciden na alta frecuencia de aparición do pronome relativo que co valor de quen na lingua medieval en xeral, e no corpus trobadoresco en particular.

  • 7

    O erro de copia no Cancioneiro da Vaticana ilustra o proceso de aparición dunha espuria preposición a como introdutora dun pronome tónico mi(n), tal como demostran non só as leccións <me> de A e <mi> de B, canto o feito de que o texto de V implicaría unha variación no refrán e a ruptura da isometría versal (a quen me sempre coita deu vs. *a que a mí sempre coita deu). É por isto que este tipo de intromisións de partículas cuxo carácter espurio está acreditado reforza decisións editoriais que van nesta dirección (véxase, por exemplo, nota a 577.2).

  • 10

    Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso e mais no v. 24 aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz (talvez un erro de copia), no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no da Vaticana (véxase tamén 193.3, 200.17, 307.8, 419.19, 982.10, 995.7 e 13).

  • 12

    A grafía <et>, de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).

    Nótese, ademais, a lección hipométrica de BV, que supón unha forma verbal dorm(o), P1 de presente de indicativo de dormir –que usualmente aparece coa forma máis antiga dórmio– atestada en tres pasaxes do corpus:

    E non dorm’eu nen en preito non é
    u vos eu non vejo (652.9);

    E os meus olhos, sen vós, que prol mi an,
    pois non dorm’eu con eles (652.14);

    ca me coita voss[o] amor assi
    que nunca dorm’i, se Deus mi perdon (1109.14).

    Neste sentido, na P1 do presente indicativo dalgúns verbos semirregulares pode verse como alternan as formas con manutencións do iode orixinario latino coas formas en que o iode xa desapareceu (cfr. dórmio ~ dormo, sérvio ~ servo ~ sirvo etc.). Véxase servo / serva en 36.17, 374.14, 1172.1 e 1543.7, xunto con sirvo en 887.11.

  • 13

    A prioridade concedida ao Cancioneiro da Ajuda fai que respectemos a variatio neste refrán alterno: posso (v. 13, estr. II) vs. poss’eu (v. 27, estr. IV). Como acontece noutros casos, en face de A, a versión de BV tamén incorpora o pronome nesta ocorrencia do refrán, que, deste xeito, nos apógrafos italianos fica perfectamente nivelado. Neste sentido, os diversos editores practicaron unha nivelación refránica similar (posso, en Michaëlis), ou igual (poss’eu, en Panunzio), aínda que Littera introduce unha variación á inversa (poss’eu, v. 13; posso, v. 27). Cfr. nota a 39.17.

  • 15

    A forma verbal desampar, P3 do presente de subxuntivo de amparar, aparece aínda sen regularizar, pola perda da vogal /e/ tras vibrante simple, tal como atesta repetidamente na forma ampar da expresión assi Deus me ampar e similares. Cfr. nota a 983.24.

  • 17

    O adverbio vel (tamén no v. 22, neste caso transmitido por ABV, co erro <Ael> en BV) móstrase regresivo no corpus das cantigas, sobre todo fronte a partículas como ar e ou. Véxase a mesma significativa mudanza que se rexistra neste verso (vel A vs. ou BV) como volta aparecer nos apógrafos italianos en relación á presenza de vel no Cancioneiro da Ajuda en 237.11 (vel A vs. ou BV). En calquera caso, vel conta con poucas atestacións nas cantigas: 6.8, 36.4, 117.16, 237.11, 273.4, 297.16, 566.12, 1345.7, 1478.15, 1597.8, 1598.5, 1602.6. Fóra do corpus trobadoresco é verdadeiramente inusual a súa aparición (cfr. CGPA, s.v.).

  • 17-18

    Os datos da variación destorvar ~ estorvar indican que a primeira forma é propia do Cancioneiro da Ajuda, mentres que a segunda aparece, xunto con destorvar, nos apógrafos italianos: fronte a estorvar en 109.9, transmitido só por B, aparece destorvar con lección coincidente BV en 564.12, AB en 199.31 e ABV en 982.18, mentres que no v. 17 BV ofrecen estorvar en face de destorvar en A, igual que en 134 AB presentan tamén leccións diverxentes (destorvar A vs. estorvar B).

  • 22

    A forma <ousas(e)> é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <outrosi> outrossi (413.5, cfr. <outrossi> nos vv. 11, 17 e 23) e <pos(o)> posso (409.14). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

  • 26

    Do verbo lazerar, do lat. lacerāre, só esperariamos como P1 a forma lazero (véxase 1511.r). Porén, eis lazeiro (vs. lazero en BV), forma que remite a un infinitivo lazeirar que, con efecto, tamén se empregaba –aínda que minoritariamente– na Idade Media, moi probabelmente inducido por lazeira, substantivo moito utilizado (cfr. CGPA, s.v.). Talvez esta situación explique a escasísima representación da variante con ditongo na produción medieval (véxase CGPA, s.v.):

    Este conselho rrefez e d’entender, ca bẽ sabemos todos a grã treicõ que fez contra seu senhor eno matar; ca, com̃o quer que au[ia]mos prema con ele, nõ au[ia]mos atãto mal nẽ atãta lazeira como depois que matou seu senhor; mais que, poys que o Deus a este tẽpo chegou, que o lazeire (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España).

    Pero sabede que a ssua graça et o sseu amor uos bastío todo aquesto et uos fezo lazeyrar assý aquí, et por tal feyto cõmo este oý dizer que sol arder o justo porlo pecador (Crónica Troiana).

Buscar
    Sin resultados