824 [= Tav 2,21]
Se gradoedes, amigo

Se gradoedes, amigo,
de mí, que gran ben queredes,
falad’agora comigo,
por Deus, e non mi-o neguedes:
amigo, por que andades
tan trist’ou por que chorades?
Pois eu non sei com’entenda
por que andades coitado,
se Deus me de mal defenda,
queria saber de grado,
amigo, por que andades
[tan trist’ou por que chorades].
Todos andan trebelhando
(estes con que vós soedes
trebelhar) e vós chorando;
por Deus, e que dem’avedes?
Amigo, por que andades
[tan trist’ou por que chorades?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 826, V 412

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 210-211 [= LPGP 81-82]); Cohen (2003: 283); Marcenaro (2015a: 48); Littera (2016: I, 30).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 155); Braga (1878: 78); Machado & Machado (1953: IV, 136-137); Gaspar Porras (1995: 48).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 31-32); De las Casas (1928: 22); Seoane (1941: 28-29); Bernárdez (1952: 72); Álvarez Blázquez (1975: 39-40); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 11).

Variantes manuscritas


4 neguedes] noguedes BV   13 Todos] Todus V   16 Deus] des V; avedes] auades B : anades V

Variantes editoriais


14 vós] vos Cohen

Paráfrase


(I) Así vos alegredes por min, amigo, a quen amades, falade agora comigo, por Deus, e non mo neguedes: amigo, por que andades tan triste ou por que chorades?

(II) Pois eu non sei como podo entender por que estades triste, así Deus me protexa de mal, moito quería saber, amigo, por que andades tan triste ou por que chorades.

(III) Todos andan brincando (estes con que adoitades divertirvos), por Deus, e que demo tedes? Amigo, por que andades tan triste ou por que chorades?

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C (= Tav 99:68)

Encontros vocálicos: 4 mi͜-o

Notas


Texto
  • 1

    O verbo gradoar ‘alegrarse, estar satisfeito, congratularse’, do lat. gratulāri, ten un uso limitado no corpus das cantigas: 100.2, 824.1, 896.18, 1065.28, 1139.4, 1174.13, 1268.1. Ausente da produción prosística (véxase CGPA, s.v.), só existe unha atestación nas Cantigas de Santa Maria:
              Ond’avẽo pois assy que en Beja, u morava
              un ome casado ben con sa moller que amava,
              almoxerife del Rey era el, e confiava
              muit[o] en Santa Maria; mais avia gran tristura
              Porque non podi’aver fillo de que gradoasse
              e que pos sa mort’en seu aver erdeiro ficasse (CSM 224.25).

  • 13

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da solución -us en voces en que é xeral a terminación -os (<Todus>); na realidade, esta grafía aparece case de forma exclusiva en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. As súas ocorrencias, esporádicas e limitadas aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
    Canto á voz trebelhar, tamén no v. 15, é bastante usual nas cantigas de amigo e tamén nas de escarnio, nestas tamén co valor de ‘fornicar’ (véxase Glosario, s.v.). Na lingua medieval era voz común (véxase CGPA), en xeral co valor recto de ‘xogar, brincar’; só presenta o sentido sexual en obras xeralmente doutrinarias. Véxase, a modo de exemplo, o Tratado de Confissom: A quinta se se aiuntou a sua molher saluante por fazer filhos de beẽçom porque as uezes o casado pode pecar mortalmente cõ sua molher. A sexta se ouue poluçom. A septyma se fez esto em logar sagrado. A oytaua se o fez em dias sanctos ou de ieiuũs. A .ix. se iazia nuu com a molher nua. A .x. se era fremosa se fea. A .xi. se o faz em ieiuum se depois de comer. A .xii. se cobiçou alguna que nom podese auer. A .xiii. se a alcouetou alguem. A .xiiii. se iouue con ellas trebelhamdo (Machado 2003-2013: 27). Outrosí, eis unha prescrición dun sínodo portugués de 1403: Item, que nom cantassem, nem dançassem, nem bailassem, nem trebelassem nos moesteiros e eigrejas cantos e danças e trebelhos deshonestos nem em a festa de sam Vicente (García y García 1982: 335).

  • 16

    A expresión e que demo avedes?, de forte carga coloquial, é utilizada en preguntas retóricas para intensificar de forma hiperbólica os sentimentos, ou unha determinada acción (véxanse tamén 188.6 e 1653.10).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado