1151 [= RM 77,21]
Se meu amig’a San Servando for

Se meu amig’a San Servando for
e lho Deus guisa, polo seu amor,
i-lo quer’eu, madre, veer.
E, se el for, como me demandou,
a San Servando, u m’outra vez buscou,
i-lo quer’eu, [madre, veer].
O meu amigo, que mi vós tolhedes,
pero m’agora por el mal dizedes,
i-lo quer’eu, [madre, veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscripts


B 1148, V 740

A estrofa III só aparece no Cancioneiro da Vaticana.

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 338 [= LPGP 508]); Cohen (2003: 375); Littera (2016: I, 585-586).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 258); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 221); Camargo et alii (1990: 35); Burgazzi (2015: 34).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 94).

Manuscript variants


2 guisa] aguisa B : a guysa V   3 i-lo] dylo V   4 el] ei BV   5 outra] ont̃ B   6 i-lo] dylo V   7-9 om. B   9 i-lo quer’eu] dy lo qnereu V

Editorial variants


2 guisa] aguisa Nunes   5 Servando] Servand’ Nunes   8 mal dizedes] maldizedes Littera

Paraphrase


(I) Se o meu amigo vai a San Servando e Deus llo dispón, polo seu amor, quéroo ir ver, madre.

(II) E, se el vai, como me pediu, a San Servando, onde xa outra vez me buscou, quéroo ir ver, madre. 

(III) O meu amigo, que me vós quitastes, aínda que me agora por el mal falades, quéroo ir ver, madre. 

Metrics


Esquema métrico: 10a 10a 8B (I-II [= RM 26:77) + 10’a 10’a 8B (III [= RM 26:80])

Encontros vocálicos: 5 Servando,‿u

Notes


Text
  • 1

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

  • 2

    A variante aguisar provoca hipermetría: esta pode resolverse recorrendo á forma guisar, sen a- protético (véxase nota a 35.12). Similares desaxustes métricos provocados por lapsos de copia poden verse en, por exemplo, 56.12, 1185.7 ou 1643.3, onde a forma desaguisado de B ou BV precisa da emenda en prol de desguisado. En calquera caso, en 317.4 o Cancioneiro da Ajuda presenta a correcta lección desguisado fronte a desaguisado en B, feito que confirma a lexitimidade desta operación ecdótica.

Search
    No results